SEGÚN A UEFA OS 8.522 ESPECTADORES DE RIAZOR SON A ASISTENCIA MÁIS NUMEROSA DA HISTORIA DAS ELIMINATORIAS DA YOUTH LEAGUE E 7ª DA HISTORIA DA COMPETICIÓN.

 

Segundo confirmou a UEFA nas suas redes sociais os 8.522 espectadores de Riazor son a maior asistencia a un estadio nas fases eliminatorias da historia da Youth League e a 7ª das fases de grupo, incluido finais.

Unha vez máis a afección deportivista rompe moldes. A pasada xornada da 1ª RFEF, na que o primeiro equipo derrotaba por 1-0 ao Sanse, foi o 5º estadio con máis afeccionados en España, superando a tódolos de 1ª División menos a 3 e a tódolos de 2ª División menos a 2, con 14.752 espectadores.

Facernos tamén eco das protestas nas redes do deportivismo que por unhas cuestións ou outras non puido estar no campo, e que clamaban o ceo o desinteres e o ninguneismo das emisoras de radio coruñesas que non retrasmitiron o encontro, agás a Radio Galega que pasaba por Riazor a miúdo no carrusel de encontros que estaban a levar.

Crónica do encontro : PREME AQUÍ.

 

 

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia.