SEGUEN APARECENDO FUTURIBLES PARA O DEPOR ANTE O INMINENTE COMEZO DO MERCADO DE INVERNO.

Aarón Piñar un dos que sona para o Depor.

 

O vindeiro día 3 de Xaneiro do 2022 comeza o mercado de inverno, un mercado de xogadores no que de principio aparecía o nome do extremo sevillano, Álvaro Rey, xogador avilidoso de 32 anos de idade que xa estivo no CD Mirandés con Borja Jiménez, e que ven de rescindir contrato co que ata o de agora era o seu equipo, o Bolivar CF boliviano. Un club ao que chegou con vitorla de estrela, tralos seus números no Mirandés con 14 goles en 84 encontros, a pesar de xogar pegado a banda, pero no que non acabou de trunfar e na despedida do clube boliviano había moitos afeccionados que o acusaban de xogar sen gañas.

Outro nome que aparece nas quinielas é o do extremo dereito da Cultural Leonesa, Aarón Piñar, xogador leonés talentoso de 24 anos de idade, o cal nos marcou no derradeiro encontro do 2021 no “Reino de Navarra”, dous auténtivos golazos. Xogador rápido, con poderío e moi vertical. Suma un total de 7 goles en 15 encontros disputados na 1ª RFEF. É a estrela da canteira da Cultural Leonesa, ten contrato ata 2022, e todo apunta que é “fume” a nova de que poida recalar esta tempada no Depor, máis ca sua condición de canteirán do clube leonés e co equipo loitando por non descender.

O derradeiro en aparecer nas quinielas de futuribles, é o xove  Musa Drammed. Xogador de Gambia, de tan só 20 anos de idade e que xoga no UD Extremadura. Unha opción para chegar para o Fabril, e logo o vindeiro ano ter ficha do primeiro equipo, tal e como se fala nos mentideiros deportivos. O Extremadura está a ter unha espantada de xogadores o poderen abandoar o clube pola grave situación económica do mesmo.

Ao parecer por todos eles hai interese de equipos da 2ª División e da 1ª RFEF, nas quinielas dos mentideiros deportivos sempre aparece o Fuenlabrada, o que apunta a que non teñen moito de certo e parece ser máis unha cuestións de afondar en rencillas pasadas, (que non esquecidas).

A nosa opinión é que o Depor non precisa ningunha incorporación, como xa puidemos ver na Copa do Rey, e traer alguén multiplicaría a participación de xogadores que amosaron que están dispoñibles cando os precise o técnico e que non están a ter minutos.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies