Diego Vela, renovado. Logo de chegar ás Eiroas no último mercado de inverno, Diego ganou importancia no equipo cando Lemos o situou no lateral, aínda que é un xogador que se desenvolve con comodidade por toda a banda dereita, tanto de interior como de extremo.
“Estou moi contento de poder seguir no Bergantiños unha temporada máis”, asegurou. “Desde o primeiro momento sentinme moi a gusto, tanto polo trato do club como polo dos meus compañeiros. Hai un proxecto moi bonito para facer cousas importantes. Estamos con moitas ganas de volver”.
Así está o grupo no clube carballés polo de agora para a próxima temporada : renovados, José Luis Lemos, Iago Martínez, Santi Canedo, Diego Vela, Aarón Rama, Marcos Rodríguez, Pablo Agulló, Marcos Remeseiro e Yelco Alfaya; alta, Carlos López, procedente do C.D. As Pontes; baixas: Granada, Antonio López e Rubén Rivera.
Pablo Parafita pasou por quirófano
Por outra banda o xuvenil Pablo Parafita xa se recupera logo de que lle practicasen con éxito unha artroscopia para recompoñer o menisco interno que tiña mancado. O noso desexo dunha pronta recuperación.
-Foto e Texto : Bergantiños CF/piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.