SEGUE O RIDÍCULO…TEBAS SEGUE DESVIRTUANDO O RC DEPORTIVO E O FUENLABRADA AGORA PIDE XOGAR A PARTIRES DO DOMINGO.

Que estaban empeñados en levar fraudulentamente o Fuenlabarada a 1ª División, vese claremente no interese de Tebas familia e “amigos”. Dende o regalo do encontro e os 3 puntos o Albacete ante o Cadiz, cun penalti totalmente inexistente, dunha man involuntaria que non tiña lugar a dúbidas, ata o de mandar o equipo fuenlabrandés a Coruña infectado, sen médico e infrinxindo todo tipo de reglas, sanitarias e deportivas.

Tebas primeiro dixo que viaxaron seguindo os protocolos, cando se soupo que os médicos xa lles advertiran que non deberían viaxar, asumeu que él fora o que os mandara viaxar. Logo dixo que se apartaba do tema do Fuenlabrada porque seu fillo estaba no clube, (é director administrativo). De apartarse nada e sigue traballando en favor dos madrileños, cos que tivo temas financieiros cunha inversión de 130.000 euros.

Alabou que o equipo infectado se apartase de xogar o Play-Off, cousa que anunciou o presidente do clube, e un comunicado da LFP, (que preside), e da que os xogadores non estiveron dacordo, e agora fan un comunicado en que queren xogar o encontro, (que xa está suspendido e a RFEF xa está a investigar as infraccións cometidas). Non dan feito máis do esperpento e ridículo da situación, que se acrecenta cada hora que pasa.

“Tebas y amigos SL”, buscan apoios para desvirtuar o RC Deportivo, que denuncia tódolos atropellos que está a sufrir e sufreu, e xa ca experienza do descenso tras un amaño demostrado xudicialmente antre o Levante e o Zaragoza, que deu co clube deportivista descendido, e sendo o único perxudicado deportiva e económicamente, e que non foi tido en conta, e o final todo se quedou en auga de borraxas. En troques dixo nun comunicado sobre o Fuenlabrada , (que errou en todo) : “El fútbol os debe una”.

Agora o ínclito presidente do que din que cobra 1 millóns de euros o ano e que dí que “xa saleu doutras e non conseguiron tumbalo”, (recoñece que xa fixo outras das que saeu de “rositas”), complícaselle todo cun positivo no UD Almería dun dos seus xogadores que onte adestrou cos compañeiros e que de seguro vai a traer máis positivos, e pon en perigo a promoción, ademáis dun positivo no Real Madrid, (Mariano), que ten que xogar a Champións.

A Tebas estáselle a caer o castelo de naipes que fixo para recaudar e segue aferrado ao seu cargo co beneplácito dos equipos que só miran o seu ombligo, namentras as afeccións seguen a pedir a sua cabeza en contra do sentir dos seus clubes, que lle dan a esplada ao RC Deportivo, aos outros equipos perxudicados e amosan que o único interese é o dos cartos.

Non imos falar dos equipos galegos profesionais e a RFGF, que dan a calada por resposta ao que está a pasar, e nalgún caso débenlle moito ao RC Deportivo e a sua afección cando visita as suas cidades deixando píngües beneficios e por ser buque enseña en situacións límites a hora de arrimar o hombro, coma cando foi dos avales…arrieiriños somos…

 

-Foto e Texto :  piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies