SEGUE O DESFILE DE FAMOSOS POR MUXÍA : MATÍAS PRATS E GONSO.

Matías Prats foi felicitar Álvaro a cociña.

 

Dende a irrupción do Parador en Muxía, van aparecendo famosos e famosillos por Muxía, se a pasada semana eran o director de fútbol Mateu Alemani, e por outro lado Miss Galicia, desta volta son Matías Prats, que chegou en veleiro con outros amigos, (outro punto importante do turismo muxián),  e o popular presentador Fernando González, máis coñecido por “Gonso”.

O primeiro pasouse polo local do noso colaborador, Álvaro Rodríguez, “A Lonxa de Álvaro”, onde quitou a foto coa tradicional camiseta dos afeccionados do Muxía CF, do corvo. Decíanos o hosteleiro muxián, ex xogador e presidente, que “Xa temos os 15 puntos”. O presentador e cabeza de publicidade dunha coñecida marca de seguros, degustou cos seus acompañantes un bo rodaballo da nosa costa.

 

Gonso, (vigués), mira para o escudo do mellor equipo de fútbol de Galicia que porta Toñico, (percebeiro).

 

Por outra banda Gonso, estivo a grabar na Punta da Barca un reportaxe para o programa de Jordi Évole, “Salvados”.

Moitos dos famosos e famosillos deixanse ver, outros pasan inadvertidos, un dos encantos que atopan no noso pobo, ademáis da beleza das paisaxes e praias, e como non a gastronomía, co gran salto que deu a hostalaría na Vila da Barca, en restauración e hospedaxe.

-Foto : Álvaro Rodríguez

-Texto : piratasdemuxia