SEDES DAS FINAIS DA COPA DA COSTA INFANTIL, CADETE E XUVENIL 2024 : “INFANTÍS E CADETES EN OUTES E XUVENÍS EN CEE.

Este Domingo en xogo as 3 copas da costa de base.

 

A RFGF ven de anunciar onde se disputarán as finais da Copa da Costa nass categorías de infantil, cadete e xuvenil. Asi pois as finais serán as tres o vindeiro Domingo 23 de Xuño do 2024, a de infantís e cadetes serán no Municipal “O Conchido” de Outes á dos infantís a partires das 10:30 horas e a dos cadetes duas horas despois, (12:30). Na primeira enfrontaranse o UC Cee e o ED Os Miúdos e na segunda o SCDR Esteirana e o EF Concello de Camariñas “Juan Cabrejo”.

Para pola tarde queda a finalísima dos xuvenís que se xogará no “San Paio de Refoxos, (Xallas-Cee), dende ás 17:30 horas, e nela enfrontarase o CF Dumbría e o SD Fisterra.

A noso entender non se mirou os equipos que xogan para buscar sedes intermedias, e ademáis non parece de moito respeto poñer duas finais seguidas cun prazo tan corto de tempo, (poderían ser unha pola mañán e outra pola tarde). Como se non houbese campos para facer unha en cada campo e darlle os rapaces o valor que se merecen. 

 

 

 

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies