SD SOFÁN E SD FISTERRA OS “YING E YANG” DA COSTA NA PREFERENTE NORTE.

 

Rematamos o pasado ano dando un repaso as ligas da costa e a 1ª Galicia G2 cos equipos costeiros, e faltábanos a Preferente Norte, que conta co SD Sofán e o SD Fisterra como equipos dos nosos.

Dous equipos que son o “Yin”  e o “Yang”,  segundo este concepto atoista, en todo o bo hai algo malo e en todo o malo hai alñgo bo.

O SD Sofá comezou moi mal a liga, encadeando nos 9 primeiros encontros, 5 derrotas, 4 empates e tan só unha vitoria, a da terceira xornada ante o SD O Pino, (2-1), encaixando 18 goles, e marcando tan só 5. A derradeira vitoria ante o CD Boiro por 4-1 o 6 de Novembro, foi un punto de inflexión, e en todo eso malo, apareceu o bo. O equipo refíxose e pasou deses malos números a encadear 6 vitoriass eguidas e un empate, pasando de mirar o descenso na caluga, a mirarlles na caluga aos da promoción, acabando o 2022 na 8ª posición, con 25 puntos, a 1 do SD Dubra, (7º), 2 do Montañeros, (6º), e tendo a tiro de un par de encontros a Betanzos, (5º con 4 puntos máis), e Galicia de Mugardos, (4º a 6 puntos).

Os sofanistas visitan na primeira xornada deste 2023 ao CD As Pontes, 16º con 15 puntos, o vindeiro Domingo 8 de Xaneiro ás 16:30 horas no campo “O Poboado”, nas Pontes de García Rodríguez.

O SD Fisterra está a pasar un “agnus horríbilis”. Tras unha pasada campaña chea de éxitos da man de Purrúa e Cabrejo como tándem no banco, chegou Álex López, para botar unha man. O adestrador fisterrán acabou marchando, tras sumar dous empates nos primeiros 8 encontros de liga, por 6 derrotas, a maioría por goleada, e sen visos de mellora. Chegou Fabián Mirón e as cousas non milloraron e tamén sumou 2 puntos en outras 8 xornadas. Coincidencais, o despido de Ángel Lóoez, foi tras os mesmos números en puntos, e ata a despedida dél foi tras caer 7-1 en Ribadeo e a de Mirón, por 7-0 en Noia. Agora queda como adestrador o que era segundo de Fabián, Carlos Cousillas “Calipo”, que ten por diante unha travesía moi dura, faltando ainda 3 xornadas para rematar a primeira volta.

Pero coma o “Yin” e o “Yang”, neste caso de todo o malo que está pasando o equipo fisterrán, trala fuga dos talentos que brilaron a pasada campaña. hai unha cousa boa, a de que son moitos rapaces xoves, en idade xuvenil, que se están a curtir, e que ca sua xuventude non entenden de baixar a cabeza, a pesres das adversidades, e isto vailles a valer de moto no futuro. Un grupo de rapaces que non miran a clasificación, e que saben o que hai e sen ter que dar contas de nada, pois as contas, salvo que se volvan a levantar as augas do Mar Roxo, xa están postas.

Os fisterráns que anunciaron días atrás a incorporación dun novo exipcio no equipo, Nuda, (xa son 3 con Ibrahim e Islam), inician o 2023 visitando no “Barraña” ao CD Boiro, o vindeiro Domingo 8 de Xaneiro, a partires das 16:30 horas.

-Texto e Foto : piratasdemuxia