Muxía CF 1-3 SD Fisterra
Record de asistencia na Arliña con en torno aos 700 espectadores. A mellor con diferenza dende a construcción do campo no 1980. Un Muxía combativo fíxolle fronte a todo un Fisterra que esta campaña loitou por voltar a 3ª División. Tarde solleira con ambente o fútbol costeiro de antes, na que os muxiáns coa sua entrega fixeron que durante 70 minutos non se notase a diferenza de categoría. Levaban os muxiáns 25 encontros sen coñecer a derrota, 14 deles con vitorias consecutivas, e tras unha primeira metade na que os fisterráns reclamaron unhas mans no área, e que mandaron un balón ao longueiro, pasouse a unha segunda na que tamén os da Vila da Barca reclamaron unhas claras mans no área, e minutos despoissi que o clexiado Darío Costas, sinalaba outras. Fran Moreira, o mellor dos muxiáns na segunda metade, transformaba a pena máxima. Foi o principio e o fin dos muxiáns.
Apretou o equipo da Vila do Cristo e pronto nivelaba a balanza. O poderío físico comezouse a notar moito máis, por parte dos fisterráns, e logo lle daban a volta o encontro, e sen tempo a reacción chegaba o 1-3. Tentárono os rapaces de Diego Lobelos, expulsado pola protestas das mans, antes do penalti, pero comezaron a chegar os calambres, e subidas de xemelgos, en varios dos seus rapaces, que recibiron o final a ovación do respetable, pola sua entrega e pundonor, pero o encontro caeu da banda dun Fisterra, que tamén foi ovacionado polos seus, nun choque no que como decíamos, premiou a mellor condición física.
Goles : 1-0, Fran Moreira, (69´de penalti); 1-1, Adrián (Makaay”, (77´); 1-2, Adrián (Makaay”, (79´); 1-3, Adrián (Makaay”, (86´).
SCDR Esteirana 3-0 SD Castriz
Deixou practicamente sentenzado o choque o equipo esteirán na primeira metade na que Elías Ruso, era o xogador máis destacado, facendo dous goles antes do descanso, (24´e 38´). Xa na segunda metade, co choque controlado, e os xalleiros tentando meterse no encontro, Raúl Lestón, sentenzaba o pase a final, (80´).
Goles : 1-0, Elías Ruso, 824´); 2-0, Elías Ruso, (38´); 3-0, Raúl Lestón, (80´).
-Fotos e Texto : piratasdemuxia