IAGO LAGO, SD FISTERRA, CF DUMBRÍA E A “DANZA DAS ESPADAS DE QUINTÁNS” AS NOSAS ESTRELAS

 “Danza das espadas” de Quintáns

 

Cada semana pasamos a valorar o traballo ou as conquistas de  deportistas, grupos, persoas, entidades, colectivos, etc, que fixeron algo meritorio, algo que haxa que destacar para levar o cadro de honra das “nosas estrelas”.

 

 

Esta semana subimos a este cadro de méritos ao CF Dumbría e o SD Fisterra polo seu gran papel na “XXXI CXopa Deputación da Coruña”, ambos caeron ante grandes equipos e ambos nos penaltis.

Os fisterráns caía tras empatar a uns, (1-1) co CD Boiro, e precisábanse 20 penaltis para dilucidar quen pasaba a seguinte rolda. Unha rolda na que esperaba o campión do CF Dumbría-SD Compostela, e na que os dumbrieses non están por mala sorte, pois tras empatar a uns no encontro, (1-1), ademáis indo gañando e coa mala fortuna dun gol en propia porta. Nos penaltis pasaron os “picholeiros”, (2-4). Mágoa, pois puidemos ter en Cuartos un CF Dumbría-SD Fisterra e asegurar un equipo costeiro en Semifinais, na que poderían encontrarse co Bergantiños CF, que consideramos da costa, polo menos polo seu pasado.

Outro dos nosos destacados desta semana son os mozos e mozas que levan a cabo a “Danza das espadas” de Quintáns-Muxía. Unha danza vertixinosa, longa en execución e en duración. Un grupo de rapaces/as que desinteresadamente honran o patrón San Isidro, e que sacando tempo de onde poden ensaian duramente días antes para que a tradición non decaiga.

 

 

Por último e non menos importante, senón que exactamente igual, sexan méritos máis ou menos compllicados uns aos dos outros, e neste caso cun extraordinario e farto complicado 2º posto no Campionato de España de Slalom de piragüismo Sub 23, o rapaza do CDM Piragüismo Dumbría, Iago Lago, que suma un novo fito para o piragüismo da Costa da morte e polo que merece estar neste cadro de honra e ser unha das nosas estrelas.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies