SD Castríz e CF Porteño na derradeira loita polo ascenso

3ª DA COSTA
-PROMOCIÓN DE ASCENSO-

Sebas está a ser o heroe do SD Castríz na liga e na promoción.

 

SD Castríz e CF Porteño na derradeira loita polo ascenso-

-Volta da final da promoción de ascenso a Liga da Costa-

 
 A SD Castríz ten mañán Domingo a ventaxe a seu favor do 1-2 da ida na loita polo ascenso a Liga da Costa 2019/20. Os xalleiros reciben no San Pedro de Castríz ao CF Porteño ao que só lle vale gañar por 2 goles de diferenza. En fútbol non hai nada escrito polo que as espadas están no alto e calquera dos dous poderá levarse o “pastel” do ascenso para acompañar ao SD Coristanco, (campión de liga) e ao Cabana SD, (subcampión), para cubrir os postos que deixaron vacantes o UC Cee, UD Monte Louro e SD Ameixenda descendidos da “raiña” da costa.
 SD Castríz Vs CF Porteño
 
Campo : “San Pedro de Castríz”
Hora : 17:00
Árbitro : Adrián Pérez Rellán, (Comité da Costa da Morte)
Asistentes : Carlos Espasandín e Sebastian Pérez, (Ambos do Comité da Costa da Morte)
Resultados na liga : na Ponte do Porto, 1-0 en Castríz 4-0
Resultado da ida : 1-2
 

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-