A SCDR Esteirana a campión da “Copa da Costa Cadete”
A SCDR Esteirara proclamouse campión da “Copa da Costa Cadete” o derrotar ao Outes CF por 2-0 no “Xosé Luis Vara Olveira”, con goles de Manuel e Iván, un o comezo de cada tempo.
A nosa máis cordial noraboa a tódolos que forman o SCDR Esteirana : xogadores, técnicos, diretivos, axudantes do clube e afeccionados e por outra banda os nosos maiores ánimos para os compoñentes do Outes CF, que tamén son campións o chegar a final e vaia por diante que as finais só se perden se se xogan.
Pola tarde o equipo senior e o Corme CF fixéonlle o pasillo aos rapaces esteiráns
que tiveron a sua homenaxe por parte dos afeccionados.
SCDR ESTEIRANA 2-0 OUTES CF
SCDR Esteirana : Fidel, Antón, Manuel García, Javier, Manuel Figueiras, Martín, Iván, Manuel Teijo, Óscar, Alejandro, Manuel Agra. Tamén xogaron : Sergio, Rubén, Laura, Isaac e Manuel Tajes.
Outes CF : Miguel, Manuel Insua, Daniel, Xavier, Ismael, Óscar, Pablo Tuñas, Álvaro, Sergio, David, e Fabio. Tamén xogaron : Marta, Manuel Fontenlos, Xoel, Pablo Isorna, e Carlos.
Goles : 1-0, Manuel, (6´); 2-0, Iván, (46´)
Árbitro : Bruno Méndez Castro, (Comité Galego)
Asistentes : Daniel Martínez e David Cancela, (Ambos do comité da Costa da morte)
Cartóns : non houbo
Incidencias : Encontro xogado na mañán do Domingo 9 de Xuño no “Xosé Luis Vara Olveira” de Esteiro, (Muros), con moitos afeccionados de ambos equipos.
Os rapaces cos afeccionados e con xogadores do senior
ca copa de campións.
+++
Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es