SCALONI FARÁ O SAQUE DE HONRA NO “MEMORIAL ARSENIO IGLESIAS” DO 1 DE AGOSTO EN RIAZOR.

 

Estaba anunciado o 2Memorial Arsenio Iglesias” para o 2 de Agosto no “Ponte dos Brozos” de Arteixo, ante o Atlético Arteixo, pero dado que Lionel Scaloni estará o 1 de Agosto na Coruña para facer o pregón das fsetas de María Pita, o RC Deportivo deicdeu trocar o encontro para ese día, e tamén o escenario, pois será no Estadio de Riazor, para que o campión do mundo e deportivista absoluto sexa homenaxeado e facendo o saque de honra do encontro adicado o noso MISTER ETERNO.

O encontro será como decíamos o martes 1 de agosto ás 18.00 horas. Ese mesmo encontro acollerá ademais unha homenaxe a Lionel Scaloni na que será a súa primeira visita á cidade após proclamarse campión do mundo como adestrador da Selección de Arxentina. O ex xogador deportivista participará no memorial a Arsenio, ao que o arxentino quere render honras persoalmente na cidade, antes de ler o pregón das festas da Coruña nunha xornada especial para Scaloni, coa coordinación de actos desde o RC Deportivo e o Concello coruñés.

Os socios e socias do RC Deportivo terán acceso gratuíto co carné de abonado, e os prezos para o público en xeral serán de 5 euros nos fondos de Marathon e Pavillón e de 10 euros nas bancadas de Preferencia e Tribuna.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/RC Deportivo