SANTI “PAPI” INAUGURA HOXE O BAR “PLAIA DAS LANCHAS”

 

Na tarde de hoxe 7 de Xuño a partires das 19:00 horas estades todos invitados a festa que ten programada Santi “Papi” para a inauguración do seu novo bar “Plaia das lanchas”, o que antes se chamaba “Bar Wimpe”, pero totalmente renovado de arriba abaixo.

Santi “Papi”, que fora porteiro ou centrocampista en equipos coma o Muxía CF, UD Corcubión ou SD Ameixenda, fillo do mítico Juan Cortés “Papi”, (que tamén está no allo), ex xogador e adestrador de moitos equipos costeiros, fai que creza a familia, pois se xa nos deleita dos seus imnumerables pinchos no “Bar A Lareira” colaborador da nosa web con publicidade, agora asalta a zona de adiante do pobo, onde está o bullicio turístico para levar a sua receita de bo servizo de bebida e comida, cos seus imnumerables pinchos de balde.

No día de hoxe terán festa ata que o corpo aguante ca actuación de “Manolo Delfín” na porta do bar.

O local toma o nome da “Plaia das lanchas”, dado que xa cando era a casa de señora Esperanza da “Boleca”, tiña o mar xusto en fronte e alí varaban ao abrigo as lanchas, así como desembarcaban as que traían o sal nos mercantes que fondeaban na ensenada muxiana, así coma os barcos que transportaban os materiales que exportaba alén dos mares o daquela magnate, Manolo Lastres, que poida que fose por aí onde entrou o fútbol en Muxía. Tamén varaban a limpar e pintar durantes lustros as gamelas, botes e barcos ata que se cubreu de cemento co paseo marítimo e quedou reducida. Nesta praia, que agora está metros máis a sur, e que ata os 80 estaba xusto fronte o bar, xogábase o fútbol e alí xa fixemos as nosas ledicias futbolísticas moitas xeracións e asimesmo “Papi”, que vivía a poucos metros dela.

Unha vez máis decirvos de parte deles que estades todos invitados a inauguración e a visitalos e o nos desexo de que todo lles vaia do milloriño.

 

++++

 

Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es