O confinamento deu pé a que o ter tempo para dar cabida a levar a cabo proxectos vaian saindo todo tipo de cousas para o entretemento e ao mesmo tempo o aprendizaxe das persoas de tódalas iades. Santi Cubelo, máis coñecido nas redes como “Santi de Lira”, xunto con Juanjo González, deron cabida a unha canle en YouTube para facer chegar cousas tácticas e técnicas do mundo do fútbol. Nesta primeira entrega ofrécennos unha entrevista de preto dunha hora ao fabrilista, Yago Gandoy, no que conta o seu inicio e as suas inquietudes. Un xogador de futuro no RC Deportivo que nunha conversa moi amena, é un exemplo para os rapaces de que pouco a pouco, con entrega e tesón pode chegarse moi alto.
Aquí vos traemos unha pequena entrevista a Santi de Lira na que nos conta un pouco de como xurdiu a idea deste proxecto, xa realidade, e cal é o seu fin.
-Como xurdiu a idea de facer as canle de entrevistas?.
“A idea ben un pouco de crear un canal onde falar de fútbol para todo o mundo, non centrarnos tanto na explicación técnica, e sÍ facelo chegar, ainda que non sea a primeira sección ea idea principal, por razóns desta situacion que estamos a pasar coa pandemia do COVID-19, é por iniciarnos decidimos comenzar con entrevistas. Cando chegou o confinamento, desde o club no que adestramos na base, (Victoria FC), sacaron unha campaña chamada “#fainonacasa” onde os adestradores tíñamos que enviar pequenos adestramentos con contido fisico, tecnico e tactico e para facer eses entrenos os adrestadores tirabamos de vidios de youtube para que os nenos pudesen ver como realizar eses ejercicios, e cando chegabamos a parte táctica era moi complicado atopar contido que nos chamara a nós a atención ou estivera explicado dunha forma que nenos de 11, 12, 13 ou 14 anos o puidesen entender?“.
-Que ten que ver nesto o de ser antes cociñeiro ca fraile?.
“Esto enlaza ca miña relacion co fútbol. Xoguei 3 tempadas no CF Lira, logou unha no UD Monte Louro e tras un parón voltei a adestrar na base do Lira e xogar no primeiro equipo, ainda que eu xoguei ata os 18 anos o baloncesto, e de aí deribei o fútbol no Lira, xa que o baloncesto quedábame lonxe para practicalo en equipo e ademáis o equipo do meu pobo precisaba de xente para completar a plantilla…Haberá xa 3 temporadas que dexei de xogar e dediqueime a adestrar no fútbol base da costa, en Lira, (que despois pasaron a ser das Escolas de Fútbol do Concello de Carnota), e despois duas temporadas nos Miúdos, nesas duas temporadas cos de Muros nos infantís, tívenme que ir a traballar a Santiago e facíaseme super pesado, o ter que baixar a entrenar tódalas semanas, polo que busquei un club en Santiago, e salíume a oportunidade de estar de segundo xunto a Juanjo Gonzalez no Victoria santiagués, no equipo infantil de Liga Gallega”.
-Están de moda as entrevistas en direto o voso é un formato diferente, porqué?.
“No noso caso non facemos diretos, si non que grabamos as entrevistas e despois editamos, unha porque somos novatos nesto e ainda non manexamos moito o funcionamento de YouTube, e outra porque queremos evitar polémicas, e que nos poda pasar que algún entrevistado sen querer solte algo que lle poda afectar no ámbito profesional e así poder evitalo”.
-Terá continuidade o proxecto?.
“Esa é a idea. Neste o ser o primeiro vídeo, decidimos darlle publicidade unha vez subido, para que a xente tivera algo que ver xa de primeiras. As seguintes entregas tentaremos ir avisando de antemán desde o Instagram, twitter e temos pendente crear a páxina de Facebook”.
Dende piratasdemuxia.es o noso desexo de que todo lles vaia do milloriño a Santi e Juanjo neste fermoso proxecto de cara en especial aos máis pequenos e interesante para tódalas idades.
-Texto e Foto : piratasdemuxia.es/Santi Cubelo
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.