SANTI CAÑIZARES ESTÁ POR MUXÍA, I É LEMBRANZA DAQUELES ANOS CO DEPOR O MÁXIMO NIVEL.

Cañizares con Álvaro Rodríguez e a “muxiana”.

 

Dende que abreu o Parador de Lourido, (Muxía), son moitos os famosos e “famosillos” que se pasan por Muxía, e non coma antes que viñan e sacaban a foto e íanse cara Coruña, Santiago…buscando locais de calidade nos que hospedarse ou ir xantar. Agora téñeno aquí. O espectacular parador de turismo é un imán,. e logo en Muxía a hostalería medrou a par en calidade e servizo. Como tamén temos locais de calidade espallados por toda a Costa da morte, e que son recomendados desde aquí para a sua visita.

Un dos que pasa estes días en Lourido e que se pasou por Muxía é Santi Cañizares, ex porteiro con 4 Trofeos Zamora paou pola Selección Española, C. Vigo, Real Madrid ou Valencia, (antre outros) i é pai de 7 fillos, (5 mulleres e 2 homes). En Riazor sempre foi recibido co cántico con retranca de “Rubia de bote, chocho morenote”, pero hai que dicir que nunca tivo unha mala palabra contra o Depor, todo contrario, sempre alabou nos seus comentarios o equipo branquiazul e aos seus xogadores, dos que varios foron compañeros seus na Selección Española.

Cañizares  que aos seus 54 anos ainda non deixou o fútbol de todo, pois é comentariasta nunha radio española, pasouse a disfrutar dos manxares de “A Lonxa de Álvaro”, do noso colaborador da web, tanto ca sua publicidade como con informacións, o chef, Álvaro Rodríguez, onde disfrutou dunha das extraordinarias sopas que prepara e que xa alabaran xente coma Alemany ou Prat, e despois un bo chuletón de vaca galega madurada e unha tarta de queixo o forno, antre outras cousas. Quixo coñecer o chef e pasou pola foto de rigor ca camiseta do CF Muxía, ca que Álvaro, ex xogador e presidente do equipo muxián, saca cos que se acercan ao seu local a xantar ou cear.

Un dos locais de calidade que temos na Vila da Barca e que colaboran connoscos, ademáis de ser clientes, que altamente recomendamos, coma tamén recomendamos, aos nosos clientes, A Casa do peixe, Son de Mar, O Dorna, A Marina, A AlemAna, O Porto, Pedra d´Abalar, ou a Plaia das Lanchas. Locais nos que se pode disfrutar de exquisitos manxares da terra e do mar, e con diferentes prezos e para tódolos gustos.

 

-Foto : Álvaro Rodríguez

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies