SANTI CAMBÓN DESPÍDESE DO SD SAN LORENZO DE BERDILLO CUNHA EMOTIVA CARTA NA NOSA WEB.

Santi Cambón deixa un San Lorenzo o que ve moito futuro.

 

Santi Cambón que a pasada tempada adestrou ao SD San Lorenzo de Berdillo, co que fixo unha extraordianria campaña, fainos chegar unha emotiva carta na que se despide do SD San Lorenzo e tódolos que o forman cun “ata pronto”, sen esquecer a ninguén e valorando o traballo de todo e tódolos que forman o clube.

“Chegou a hora, despois dun ano como adestrador do San Lorenzo de Verdillo, toca decir adeus, ou mellor dito, un ata pronto. Non é unha decisión doada, porque ós que nos gusta este deporte, cóstanos moito ter que deixalo, pero a vida ten etapas e momentos que un non pode elexir.

Gustaríame acordarme de toda a familia que forma o San Lorenzo, en primeiro lugar darlle as grazas a Ricardo Pena, (2° adestrador), para min é un exemplo a seguir como amigo, é persoa. Polos seus valores, (traballador,capacidade de superación…), como en coñecementos futbolísticos, ainda sen ir a ningunha academia de formación. Como digo eu, é xente que sabe de fútbol a base de mamalo, (ten pasado e pasa días enteiros nos campos de fútbol, traballando meses para organizar torneos de fútbol base, e despois traballando arreo para que se poidan facer realidade…..). Moitas grazas Ricardo!!!!…sempre serei un fan teu.

Quero tamén darlle as grazas a Álex Puñal, (Director deportivo e directivo), é a Marta García, (delegada e directiva), polo gran traballo que fan pese a súa xuventude,,rapaces que levan unha parroquia é un equipo no corazón. Fan que o Fútbol da Costa siga crecendo, é de verdade creo que son un exemplo a seguir.

Quero facer mención especial a Jaime, (Directivo), persoa que durante todo o ano, axudoume en todo, traendo moitos días o material deportivo a todos os campos nos que tivemos que adestrar, ademais axudaba a recollelo o final de cada adestramento. Leva dedicando moito traballo e tempo o San Lorenzo, (xunto co Deportivo da Coruña o equipo da súa vida)….Gran directivo e mellor persoa.

Acordarme tamén da presidenta, un exemplo de persoa responsable, traballadora e que ela xunto con toda a sua diretiva, fan que os xogadores e corpo técnico poidamos traballar, é disfrutar do deporte que nos gusta con todas as comodidades. Tamén gustaríame dende aquí facer unha pequena crítica os medios de comunicación, (escritos,radio,redes sociais…), que seguen estas ligas rexionais, que na miña opinión debían dar un pouco máis de visibilidade, polo gran traballo que fan desinteresadamente, as grandes persoas que estan nas directivas destes equipos, porque sen eles nada de esto sería posible.

Non me quero olvidar de Sara e Noelia, as persoas que levan a cantina todos os días de partido. Tampouco de Ruben, (o mellor siareiro que pode ter un club), un amigo da maioría dos xogadores, que sempre é en cada un dos partidos que disputábamos, él dábanos o “grito de guerra” antes da saida o campo dos xogadores.

Darlle as gracias a todos é cada un dos xogadores da plantilla, polo gran traballo é esforzo feito durante todo ano.Tiven á sorte de encontrarme cun gran grupo de amigos e moi bos futbolistas, que sempre remaron todos para o mesmo lado, (tanto nos momentos doces, como nos menos doces), e sobre todo, como se soe decir, xogadores que senten as cores do club. É un equipo moi xoven ,con rapaces cunhas grandes capacidades, que con constancia e tempo, poderían chegar a facer cousas moi importantes no mundo de este deporte tan bonito como é o futbol. Dende aquí solo queda felicitalos pola tempada que fixeron. Por un lado síntoo moito ter que deixar o club, pero por o outro sei que é un club cun gran futuro, xa que ten unha plantilla moi xoven ,cunha media de idade non superior a 21 anos.

É para despedirme quero acordarme tamén da afección vermella do San Lorenzo, afeccionados tan fieis, como esixentes cos xogadores en cada partido. Dende aqui quero darlle as gracias a afección pola gran axuda e bo trato dado, tanto os xogadores como ó seu adestrador durante todo o ano.

Para finalizar recordar que cando empecei neste club como xogador, este club tiña un presidente, (uns dos presidentes da Costa que máis anos levaba presidindo un club continuamente), que por desgracia agora mesmo xa non esta con nós, pero deixou o seu selo, unha magnífica directiva é futura presidenta, unha forma de xestionar é confeccionar un equipo con menos recursos que moitos outros, e sobre todo deixou, a garra é confianza que un colle cando xoga por primeira vez nas “Pedreiras”…Un exemplo,unha inspiración…SEMPRE CO SAN LORENZO!!!”.

 

O noso agradecemento a Santi Cambón por esta páxina no fútbol da costa, que esperamos teña continuidade e o noso agradecemento pola sua colaboración cada semana cas crónicas, imparciais e de enorme calidade de cada encontro do seu San Lorenzo co rsto dos equipos…que teñas boa proa!!!.

 

Foto e Texto :  piratasdemuxia.es/Santi Cambón

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.