SANTA COMBA SERÁ ESTE DOMINGO A CUNA DO FUTSAL DE BASE COS CAMPIONATOS GALEGOS E AS FINAIS DE LIGAS.

 

Santa Comba coroará este domingo aos campións e campioas galegas de fútbol sala da tempada 2021/2022. O Pavillón Municipal Fontenla será o escenario que albergue durante unha xornada maratoniana de fútbol sala en estado puro as seis finais autonómicas nas súas diferentes categorías.

Infantil Feminina

A final da categoría infantil feminina será a encargada de abrir a xornada en Santa Comba a partir das 10.30 horas

  • Viaxes Amarelle FSF – ED Poio Pescamar 

Benxamín

Ás 12 horas do mediodía arrincará a gran final da categoría benxamín.

  • Ribeira FS – Ganomagoga IES Coruxo

Prebenxamín

Os prebenxamíns poñerán o peche á xornada matinal destas finais galegas de fútbol sala a partir das 13.15 horas.

  • Alto do Vento Fútbol Sala – Casa Paco 81 Rodavigo A 

Infantil

O final da Liga Galega infantil masculina disputarase a partir das 16 horas. 

  • Club do Mar San Amaro – Campito Chapela FS

Alevín

Dúas horas máis tarde, ao fío das 18 horas, terá lugar a gran final da categoría alevín masculina.

  • Galicia Gaiteira – Ganomagoga IES Coruxo FS

Cadete Feminino

As cadetes serán as encargadas de poñer o broche de ouro a unha xornada para o recordo en Santa Comba a partir das 20 horas.

  • FSF Castro – ED Poio Pescamar FS

-Foto e Texto : futgal.es

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies