SANDRA BLANCO GOZARÁ DA SEGUNDA DIVISIÓN NACIONAL NO 5 CORUÑA FUTBOL SALA.

Sandra Blanco prolonga a sua situación no clube.

 

Desde que chegou ao 5 Coruña Futbol Salga sempre tivo claro que este era o seu sitio. Afirma sentirse moi querida e moi a gusto, e cre na idea do club ao 100%.

Téndoo tan claro, non podía ser doutra maneira. Por iso Sandra Blanco Mato (08/01/1999, A Coruña) prolongará a súa vinculación coa familia rojilla para gozar do “agasallo” da 2ª División Nacional.

Aínda que a súa traxectoria en fútbol sala vén precedida en equipos como Colexio Liceo A Paz F.S. , Viaxes Amarelle F. S. F. , Grupo Work F. S. F. – C.D. Seguridade Galega, actualmente é a segunda xogadora do equipo con máis tempadas consecutivas en activo.

A sensación que lle deixou a pasada tempada, é máxica.

“A tempada pasada foi máxica. Un soño feito realidade. De verdade que sempre penso no que conseguimos e sorrío soa. É unha desas cousas que hai que vivilas para sentilas ao 100%. Despois de tanto traballo e esforzo, conseguilo, é súper gratificante. Mereciámonolo/Mereciámosnolo, a nivel grupal e a nivel individual, tanto no deportivo como no persoal. Por min e por todas as miñas compañeiras.Este ano foi extraordinario en todos os sentidos. Grupo humano de 10.”

A herculina cumprirá a súa 6ª tempada no equipo, e o motivo da súa renovación non é outro que o sentirse moi identificada e a gusto no club.

“Síntome moi querida neste club. Penso que onde esteas ben e sexas ti mesma é onde hai que estar. E o 5 Coruña é a miña casa. Sempre estiveron moi atentos e apoiándome en todos os meus momentos bos e, sobre todo, nos malos. Quero seguir sumando no 5 Coruña e quero poder levalo todo o máis alto cada ano. Eu creo na idea.”

A xogadora rojilla fálanos sobre as súas expectativas para a tempada 2021/2022:

“A priori vai ser un ano moi duro, todas o sabemos, pero sei e estou segura que imos seguir gozando do fútbol sala como ata o de agora. Imos xogar e a sorrir. A seguir traballando e demostrar do que somos capaces. Pasalo ben e conseguir a permanencia, pero sobre todo, gozar da categoría pasándoo ben. Nós cremos na idea!”.

-Foto e Texto : Comunicación do Academia Red Blue 5 Coruña

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies