Foto : Wikipedia
O dianteiro italiano Samuele Longo, (Valdobbiadene, (Italia), 12/01/1992), xa está na Coruña segundo Lois Balado na Voz de Galicia dixital. O dinateiro chegaría segundo a rumoroloxía cedido con opción de compra obrigatoria en caso de ascender a 1ª División.
Samuele formouse no Inter de Milán e xogou só 2 encontros oficiais, equipo do que saleu cedido ao Español de Barcelona co que xogou 13 encontros e marcou 5 goles, de aí ao Verona co que disputou 2 encontros marcando un tanto, e de aí ao Rayo Vallecano no que foi da partida en 9 encontros sen ver porta e en mitade da tempada desembarcou no Cagliari, xogando 22 encontros e sen ver porta. Foi cedido ao Froisone e xogou 18 encontros sen asinar ningunha diana, para chegar ao Girona no que fixo 13 goles en 34 encontros. O ano seguinte pasou as filas do Tenerife no que fixo 12 goles en 21 encontros, sendo estas duas tempadas nas que máis veu porta. O ano pasado estivo no Huesca no que xogou media tempada, e recalar no Cremonese.
Fixo a pretempada completa co Inter de Milán pero pecháronselle as portas ca chegada de Lukaku, e agora que esté na Coruña confirma a marcha de Fede Cartabia o que podería traer algún xogador máis. O propio Anquela en rolda de prensa dixo que Fede “está con permiso do club para arranxar o seu futuro”.
Diego Rolán é o que máis lata está a dar a hora de desfacerse dél, en gran medida polo desastroso papel que fixo no Leganés e Alavés o ano pasado, e para sumar puntos, practicamente non fixo pretempada e no pouco que xogou no amosou nada de nada.
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es