SALVA SEVILLA NOVO XOGADOR DO DEPOR 2023/24.

 

O RC Deportivo anunciou a fichaxe de Salva Sevilla, centrocampista veterano que ten certo resquemor antre parte da afección do Depor por unhas verbas fai uns anos cando o Mallorca, o seu equipo de toda a vida, remontaba en terras illeiras un 2-0 de Riazor e mandaba o noso equipo a seguir na Segunda. Para nós unhas verbas normais dun xogador que defendía as suas cores, pero que non gustaron e que respetamos, perpo sendo o revés veríamos como amor as cores.ç

Así o presenta o RC Deportivo :

Salvador Sevilla López, máis coñecido como Salva Sevilla (Berja, Almería, 18 de marzo de 1984), converteuse en novo xogador do Dépor 2023-24 cun contrato por unha temporada, até xuño de 2024.

Salva Sevilla é un centrocampista creativo con grandes condicións no xogo a balón parado. Aos seus case 40 anos vén de completar unha gran temporada co Alavés, sendo protagonista no ascenso a Primeira División do club vitoriano: xogou 42 encontros (36 en Liga, 2 en playoff de ascenso e 4 en Copa), 31 deles como titular, e marcou 4 goles, 3 deles desde os 11 metros.

A lonxeva carreira profesional de Salva Sevilla arrancou hai 20 anos e pasou por case unha decena de clubs antes da súa chegada a ABANCA-RIAZOR: Polideportivo Ejido (2003-2004), Atlético de Madrid B (2004-2005), Sevilla Atlético (2005-2008), UD Salamanca (2008-2010), Real Betis Balompié (2010-2014), RCD Espanyol (2014-2017), RCD Mallorca (2017-2022) e Deportivo Alavés (2022-2023).

A bagaxe estatística de Salva Sevilla é de 174 partidos e 19 goles en Primeira División, 252 encontros e 37 tantos en Segunda División e 92 choques e 11 dianas en Segunda B. Ademais, suma 38 partidos e 5 goles en Copa do Rei e tamén coñeceu o fútbol internacional, ao disputar a Europa League co Real Betis Balompié no curso 2013-14 (9 encontros e 1 tanto).

No currículo de Salva Sevilla figuran dous ascensos a Segunda (2006-07 co Sevilla Atlético e 2017-18 co RCD Mallorca) e catro a Primeira (2010-11 co Real Betis Balompié, 2018-19 e 2020-21 co RCD Mallorca e 2022-23 co Alavés).

 

-Foto : Xosé Búa “Pirata”

-Texto : Xosé Búa “Pirata”/RC Deportivo