SALTA A SORPRESA : “DIMISIÓNS NA FEDERACIÓN DE PEÑAS DEPORTIVISTAS”.

Anita Guerra, (bufanda), con varios peñistas da federación.

 

Saltou a sorpresa e namentras que moitos esperamos dimisións no RC Deportivo, onde chegan dimisións é na Federación de Peñas Deportivistas, que veñen facendo un extraordinario traballo dende que colleron o timón fai ano e madio. Anita Guerra, secretaria e unha deportivista do máis grande que se pode atopar, é unha das que deciden deixar a federación por asuntos persoais,m xunto con Iván Beceiro, (vicepresidente), Francisco Fraga, (vicesecretario) e José Manul García, (Vogal). Todos eles por asuntos persoais.

Comunicado da Federación  

“Con data 20 de novembro de 2019, Iván Beceiro Cernadas (vicepresidente), Ana Guerra Martín, (secretaria), Francisco Fraga Paleo (vicesecretario) e José Manuel García Roel (vogal), anuncian de maneira oficial e por escrito, tal e como se esixe nos Estatutos, a súa dimisión como membros da Federación de Peñas do RC Deportivo da Coruña atendendo a motivos persoais. Os mesmos comprométense a facilitar a transición e a axudar, ata que se complete unha nova Xunta Directiva, a condición de que sexa a actual que queda á súa saída, nas tarefas que así o necesiten durante un tempo prudencial de tempo, co fin de non distorsionar o normal
funcionamento do organismo da noite para a mañá. Do mesmo xeito, aproveitan para agradecer aos seus compañeiros que quedan á fronte da Federación este ano e medio de traballo, así como ás peñas que, case na súa maioría, sempre facilitaron este traballo no que o único que pretenderon foi remar por e para o Deportivo e o
deportivismo”.

A modo individual

Iván Beceiro :Moi boas xentiña, dende hoxe volvo ser o que nunca deixar de ser “un máis”, a dimisión é unha decisión moi sopesada e por motivos persoais. Só me sae dárvos as grazas a tod@s e cada un de vós, GRAZAS!, un pracer este camiño percorrido xuntos, coñecín tanta boa xente!, sodes moi grandes!. Nesta etapa comprendín que cada peña é como unha pequena-gran familia, en todas fun acollido con moitísimo agarimo, algo polo que sempre vós estarei agradecido…. Grazas!. Grazas tamén a Tania, Noe, Luis, Damian, Nacho, Milucho, Anita, Nidia, Roel, Patxeco e Adrián, unha honra e un pracer aprender e ter traballado con tod@s e cada un de vós, neste tempo aprendín de tod@s vós algo e cos meus múltiples defectos e con algunha virtude fixen sempre todo polo ben das Peñas e do deportivismo en xeral.

Desexarlle todo o mellor os compañeiros que continuan o fronte desta federación, como lles expresei sempre estarei dispoñible para botar unha man no que precisen. Sen máis e agradecéndovos unha vez máis todo o malo e bo vivido xuntos despídome, seguirei sendo o mesmo que sempre fun, e dispoñible para axudar a quen o precise en especial a toda esa xentiña que vive fora…Unha forte aperta Branquiazul a tod@s”.

 

Anita Guerra :La honradez es eso que vemos a nuestro lado justo cuando nos apartamos para no acabar cayendo sin frenos y de boca. El amor, lo que te empuja a hacer lo que creías imposible, solo por protección.

Ha sido un inmenso placer trabajar de manera desinteresada (juro que no me han invitado ni a un triste churrasco, como se rumorea) para la ‘xentiña’ de las peñas. Y agradezco el chorrón de mensajes, pero no desaparezco: nos seguiremos viendo en los estadios.

Acordaos de mí siempre que veáis un Excel, y cuando nos salvemos del pozo en el que estamos metidos. A la disposición de los peñistas siempre…#AUniónFaiAForza”.

Francisco Fraga “Patxekinho” : “Moitas grazas a todos os que nos apoiastedes este ano e medio de traballo. Seguro que fixen cousas ben e outras mal, pero sempre ca mellor intención. Agradecer aos meus compis este ano é medio o traballo desinteresado feito por cada un deles. Por outro lado, dar todo o meu apoio ás 3 persoas que quedan na directiva (Luís, Nidia e Adri) e aquí teñen a alguén que vai a morte con eles”.

José Manuel García “Roel” : “Un placer haber podido conocer más de cerca a muchos de vosotros, a mis compañeros q también se despiden de esta andina decirles q son muy grandes. Y a los compañeros q continúan en esta directiva, toda la suerte del mundo.
Nos vemos en “a nosa casa” o “recorriendo kilómetros…”.

Como presidente da “Peña Deportivista Os Piratas de Muxía”, e como comunicador en www.piratasdemuxia.es, o agradecemento dos que formamos a peña ao enorme traballo destes 4 deportivistas de pro, así como a tódolos que forman a nosa Federación de Peña…Forza Depor Sempre!!!”.

 

-Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas