SÁBADO PROBE NO FÚTBOL SENIOR DA COSTA CON TAN SÓ 1 ENCONTRO DE 20 QUE SE XOGARÁN NA FIN DE SEMANA.

Camariñas FC

 

Sábado moi probe para o fútbol costeiro, no que de 20 encontros que se xogan antre a Fase de permanenza de Preferente, Fase de ascenso a Preferente, Fase de permanenza na 1ª Galicia, Fase de ascenso a 1ª Galicia, Fase de permenenza na liga da Costa, e Fase de ascenso a Liga da Costa, xóganse 20 encontros, dos que tan só 1 se xogará en xornada sabatina, o que enfrontará na Fase de permanenza na Liga da Costa ao CD Baiñas e ao Camariñas FC.

Un encontro que se xogará mañán sábado no Municipal de Vimianzo a partires das 16:30 horas, coa arbitraxe de Daniel Martínez Ferrío. Os camariñáns inician esta loita de permanenza con 6 puntos na primeira posición, 1 máis co UD Cerqueda, (2º), namentras que os baiñeses comezan de penúltimos con 3, por enriba do CD Nantón que comeza con 2.

O resto da xornada da que vos iremos poñendo antre hoxe e mañán tódalas previas, xçoganse o Domingo.

Nos veteranos como acostuma a ser, xógase todo o Domingo. PREME AQUÍ para ver a previa.

-Foto : FaceBook Camariñas FC

-Texto : piratasdemuxia