A Rocheira loce un aspecto magnífico.
Foron meses de peregrinación por outros campos para os equipos da SD Coristanco, por mor das obras no campo “A Rocheira”, ao que se lle se lle trocou o céspede, moi danado de tantos anos xogando nél con moitos equipos, pois a entidade coristanquesa ademáis do equipo senior que milita na Liga da Costa, ten equipos dende biberóns ata xuvenís, só lle falta un equipo feminino, algo que sen dúbida tamén chegará.
Ainda que xa se estrenou a pasada fin de semana cun encontro de prebenxamíns antre o Coristanco e o Cerqueda, a inauguración oficial será este vindeiro sábado 1 de Abril a partires das 10:00 horas, cos encontros de biberóns, prebenxamíns, benxamíns e alevíns, para pechar cos senior que xogarán ás 16:eo contra o CD Muros.
O finalizar o choque da 27ª xornada da Liga da Costa haberá churrasco e festa cun Dj. Con todo iso tamén haberá pinchos e sorteo de agasallos durante tódolos encontros. A entrada será de balde.
-Foto : Paco “Cervecería Arume”
-Texto : Xosé Búa “Pirata”.