SÁBADO E DOMINGO : “XI TORNEO DE FÚTBOL BASE DO CABANA SD”

 

Mañán sábado e pasado mañán Domingo volve o “Torneo de Base do Cabana SD”

Durante esta fin de semana volve o “Torneo de Fútbol Base do Cabana SD” un torneo que chega a sua 11ª edición e que é unha das citas ineludibles do verán costeiro. 

Será este sábado 29 e o Domingo 30 e así nolo contan dende o clube cabanés : 

O campo municipal de As Redondas, en Cabana, convertirase este fin de semana nunha festa futbolística coa celebración do XI Torneo de Fútbol Base Cabana SD.

O clube acollerá mañán sábado 29 e o domingo 30 de xuño, un dos torneos máis importantes na Costa da Morte, que xa se está convertendo nunha cita ineludible para todos os afeccionados ao fútbol, en especial do fútbol base.

Este consolidado torneo atrae a equipos de distintos recunchos da Costa da Morte e tamén da zona de A Coruña, quenes se dan cita nas Redondas nunha fin de semana na que o campo cabanés se convertirá nunha gran festa do fútbol base, na que reinará unha gran convivencia e na que se fomentará sobre todo a amizade e a deportividade.

Dentro de este evento, serán varias as modalidades de fútbol as que se practicarán.
O sábado 29 serán os Prebenxamíns, Alevíns e os Cadetes os encargados de abrir esta undécima edición a partir das 10.30h da mañá, mentres que o domingo 30 será o turno dos Benxamins e Infantís.

Dende o Cabana SD, convidamos a todos os afeccionados ao fútbol ás Redondas para poder gozar desta gran festa do fútbol base!!!

ESPERÁMOSVOS!!!”

AVISO IMPORTANTE

Nesta sección poñemos tódolos torneos, eventos deportivos ou amistosos que nos chegan dende os propios clubes, adestradores, ou afeccionados. Se non poñemos algún é porque non nos fixeron chegar a información, non por crear diferenzas de trato antre uns e outros. Para nós tódolos clubes ou asociacións son iguais, pois esta é unha web de todos e para todos sen diferenzas e sen amiguismos. Se queres que as novas do teu clube salgan na nosa web non tes máis ca mandarnolas por email ou o whatsapp que temos abaixo de todo da web no apartado de información da web.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies