RUBIALES E GARCÍA CABA QUERÉLLANSE CONTRA O PRESIDENTE DO FUENLABRADA.

 

O dito máis dunha vez, a maneira de actuar do presidente do Fuenlabrada Jonathan Praena e da camarilla que lle está a axudar a tentar salvar o seu clube, Tebas incluido, son coma o peixe que tiras na caixa e da coletazos desesperados sabedor de que non hai que o salve.

Segundo informa o xornal madrileño Marca, o presidente da RFEF, Rubiales, e o seu vicesecretario, García Caba, veñen de interpor unha querella por calumnias contra Praena, tralas manifestacións vertidas na prensa escrita nas que decía que : “son tan inútiles que deixan rastro por onde pasan, son uns lerchos e criminais”.

Ademáis dixo na Cadena Ser que : “Nós sabiamos que isto ía suceder, non esquezades nunca que estamos #ante un caso de corrupción. Xa dixemos que o nomeamento do instrutor é irregular, iso é competencia exclusiva do presidente e o xuíz instrutor é un auténtico pelele en mans de Miguel García Caba, que é o que redacta as providencias”, segundo informa esta radio. Praena tamén tratou o xuiz instructor que pide o descenso do clube madrileño por “gravísimas infraccións”, de que é : “un pelele…unha marioneta”.

Na voráxime de despropósitos e movementos desesperados o Fuenlabrada segundo informa Galicia Digital : “Gálvez Auditores, que a tempada pasada forzou ao club a reformular as súas contas e emitiu unha opinión con condicións na que desvelaba movementos millonarios de efectivo no club, e opta por nomear como auditor a esta firma con sede en Santander, que foi a encargada de poñer números á concesión do Estadio Fernando Torres. E é que BDR Auditores foi a encargada de elaborar estedocumento que tomou como base o informe elaborado polos arquitectos Esther Vallejo e José Canduela polo cal se outorgou un valor de 5,5 millóns de euros sobre o dereito de uso desta instalación á que Tinsa, firma de referencia no sector da taxación, outorgaba un valor de 2 millóns de euros. Foi a propia Liga de Fútbol Profesional (LFP), presidida por Javier Tebas (que ten ao seu fillo como asesor xurídico do Fuenlabrada e cuxo bufete se fixo en 2018 cun contrato do club valorado en máis de 100.000 euros), o que recomendou ao conxunto madrileño que encargase un novo informe de taxación a estes dous profesionais. O movemento permitiu inxectar 4,17 millóns de euros no patrimonio neto do club en concepto de subvencións (os outros 1,38 millóns de euros engrosan agora os pasivos por imposto diferido), algo que, sumado á ampliación de capital levada a cabo o pasado verán, permitiu sacar ao club da denominada quebra técnica. O seu patrimonio neto pasou de rexistrar un resultado negativo por valor de 3,5 millóns de euros a un positivo de 940.047 euros, segundo despréndese das súas últimas contas anuais”.

Foto : Google Images

-Texto : piratasdemuxia/Marca/Cadena Ser/Galicia Digital