RUBÉN GARCÍA ANALÍZANOS AS NOVAS PERLAS DEPORTIVISTAS RAYCO E VILLARES.

Villares, (der) e Rayco sabia nova para o Depor.

 

Rubén García, gran coñecedor da 3ª División, ex adestrador de equipos coma o Atlético Arteixo, Laracha CF, ou Cerceda, na base e segundo de José Luis Lemos no CD Boiro do ascenso a 2ª B, e xogador de equipos coma o Calasánz, Conxo, Atlético Arteixo, Laracha, Club do Mar ou CF Dumbría, hoxe en día redactor do DXT Campeón, tráenos unha análise das novas perlas da canteira deportivista, que veñen de subir o primeiro equipo neste final de mercao de fichaxes, que a máis de un decepcionou, a espera dun “mirlo branco”, e que a outros encheu de ledicia, pola incorporación dos dous xoves o primeiro equipo e as saidas de Diego Rolan e Rui Costa.

Eran moitos os que nas redes sociais pedían dende fai tempo a incorporación de Rayco o primeiro equipo, e máis tralas verbas fai uns meses de Juan Carlos Valerín que decía que era : “unha pena que pola sua idade non poida alternar o Fabril e o primeiro equipo, pero máis pronto que tarde acabará xogando no Depor”, habida conta do gran coñecemento do rapáz por parte do astro deportivista.

Nos mesmos termos expresábase Óscar Gilsánz, sobre Diego Villares, ao que vía : “No primeiro equipo pois a 3ª División quédaselle pequena e ten un enorme potencial”.

Hai quen pode pensar que os que chegaron, son de menos categoría cos que se foron pero a realidade dinos que Diego Rolán, marcou 2 goles que valeron 4 puntos. Unha extraordinaria bagaxe para o pouco que xogou, e tamén para  pouco que ofreceu, pois estando no terreo de xogo nunca deu unha imaxe de xogador do nivel que se lle otorga. Pola sua banda Rui Costa, nen aportou goles, nen sensación de ter sitio no equipo, cunha presenza tan só no cobro mensual.

 

Así son Villares e Rayco segundo Rubén García :

Diego Villares Yáñez, (Vilalba, 17/06/1996- Vilalba). Xoga na posición de  mediocentro. Un xogador de bp pé, sacrificado, constante, listo, competitivo, non se arruga en duelos. Ademáis tivo unha mellora física e polivalencia na derradeira temporada. O vilalbés leva xogados esta tempada no Fabril 12 encontros, os 12 como titular indiscutible no medio do campo, sumando 1075 minutos, acadando 2 goles e vendo 2 cartóns amarelos.

Rayco Rodríguez Medina, (Las Palmas de Gran Canaria; 24/11/1196). Xoga como extremo por ambas bandas. Xogador con  talento, desborde. Ten  capacidade para render por fóra e por dentro e ranto aporta gol, coma último pase. É un xogador anárquico por momentos, intermitente. O canario leva disputados co Fabril 11 encontros, 10 deles como titular, sumando 836 mintos nos que acadou 5 goles e veu 2 cartóns amarelos.

Estes dous rapaces, xunto con Raí Nascimento, ó mellor dan un rendemento maior aos que se foron, e descargan dous contratos importantes. Téñeno todo para demostar o que saben, e facerse un sitio no Depor de Rubén de la Barrera, adestrador que non entende de nomes nen carnet de identidade.

 

DORSAIS PARA O QUE RESTA DE TEMPADA

 

-Fotos : RC Deportivo

Texto : piaratasdemuxia/Rubén García.