RUBÉN DE LA BARRERA DESPÍDESE CUNHA EMOTIVA CARTA O DÍA NO QUE O SEU SITIO É OCUPADO POR BORJA JIMÉNEZ.

 

Rubén de la Barrera fixo o que puido, no tempo que estivo no equipo. Non foi quen de endereitar un rumbo que viña froito, non de Fernando Vázquez, senón da mala confección da plantilla.

Non teño dúbidas que un 80 % desta plantilla daría moito máis na 2ª División, pero faltaban mimbres para competir na 2ª B, que non ten nada que ver , e nunha liga tan curta os erros pagáronse. Puido ser antes, pero os erros dos demáis fixeron que houbese opcións ata o final, o que deu as craras do mala que era a competición, e que só valía sumar e deixarse de pamplinas. O 20% que non valdría nin para 2ª División, nen valeu para a 2ª B, foi o ataque, no que só se salvou as 10 de últimas, Miku, que acabou rendindo, pero demasiado tarde.

Hoxe que foi presentado Borja Jiménez como novo adestrador, e o que lle desexamos toda a sorte do mundo, que será a dél e a nosa, Rubén de la Barrera escolleu o intre para despedirse do clube e da afección, dunha maneira sosegada e emotiva, amosando e sen buscar polémicas, o seu deportivismo. Con él non se vai soamentes un bo rapáz, deportivista de corazón e de ialma, senón que se nos vai parte do galego no clube, que tanto evita a prensa de “LA CORUÑA”, e que tanto precisamos os centos de miles de deportivistas galego-parlantes, socios e afeccionados, tanto da nosa terra, coma do estado, coma de todo o mundo.

Aquí tes a despedida de Rubén de la Barrera, que ca sua xuventude quizais volte algún día, tras trunfar polo mundoi furbolistico adiante, que non lle han de falta equipos. 

As nosas gracias e o noso cariño, por todo o que lle deu ao equipo nunha difícil situación.

 

CARTA DE DESPEDIDA

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia