Rosalía de Castro e o seu home, Manuel Murguía, coma moita outra xente naqueles tempos veu a Muxía a pedir a axuda da Nosa Señora da Barca e “os baños”. Enfermou de tifus, ou tuberculose e pasou unha longa tempada da sua vida en Muxía, na que deixou para a posteridade no seu “Cantares gallegos” o que veu durante a Romaría da Barca do 1853, e tomou como esceario na sua novela en castelán “La hija del mar” a nosa vila, polo que para nós é a “Filla muxiana”, por todo canto deixou nos seus escritos sobre a nosa vila.
Na porta dun local do paseo marítimo muxián a Asociación “López Abente” de Muxía colocou un cartel no 150º aniversario da publicación de “Cantares Gallegos”, indicando que nesa casa foi onde estivo hospedada Rosalía de Castro na sua estadía no 1853.
-Foto montaxe e Texto : Xosé Búa “Pirata”