ROLSA DE PRENSA DE ÁLEX BERGANTIÑOS TRALO COMPOSTELA-DEPOR :

 

 

Un problema familiar grave impediu, (parece ser a morte dun irmán. O noso máis sentido pésame D.E.P.), a Fernando Vázquez dirixir ao seu equipo esta tarde en San Lázaro. O técnico deportivista chegou ao estadio santiagués na recta final do encontro ante a SD Compostela.

Coa ausencia de Fernando Vázquez, foron Manuel Pombo e David Sánchez os que dirixiron o encontro desde a banda.

Na sala de prensa tomou a palabra o capitán Álex Bergantiños. Admite que “a día de hoxe fáltanos axuste colectivo en canto a movementos e fáltanos a nivel individual decisións. Hai moitos momentos que non decidimos ben, con accións demasiado precipitadas. Abusamos de conducións. Fainos falta sumar máis pases en campo rival porque se non é moi difícil individualmente superar a defensas que están ben ordenadas. Temos que mellorar moito iso, temos que concienciarnos todos e axudar aos compañeiros”.

Nesta liña, apunta que “nos faltou fluidez en tres cuartos. Atrás máis ou menos sacabamos o balón pero custábanos ter continuidade en tres cuartos, sumar máis pases, ter un pouco máis de paciencia para poder atopar espazos”.

Laméntase de “perder demasiados balóns ante un equipo que moveu ben a pelota. Non nos fixeron demasiadas ocasións pero non estivemos cómodos en ningún momento. Eles estiveron ordenados. De aí o resultado: partido equilibrado con poucas ocasións”.

Álex Bergantiños di descoñecer o teito do equipo pero si deixa claro que “hai máis potencial. O equipo ten que crecer moito a nivel colectivo e individual. Pero xa estamos en competición e vanse escapando puntos”.

Recalca que o partido desta tarde foi “raro e difícil porque o míster non puido estar. Lesionáronsenos xogadores. Á parte do xogo ímonos cunha sensación estraña para casa. Temos unha semana para mellorar certas cousas, para refrescar un pouco. Tamén o tema físico, que os xogadores vaian collendo o seu punto e ir a un campo totalmente distinto como o de herba sintética que nos atoparemos o domingo”, concretamente ás 16:00 ante o Unionistas de Salamanca.

 

Salva Ruíz e Eneko Bóveda lesionados

Tanto Salva Ruiz coma Eneko Bóveda abandoaron o terreo de xogo con probleemas nos isquiotibiales e ambos serán sometidos a probas médicas para saber o alcance das suas lesións.

.

-Foto, Vídeo e Texto : RC Deportivo


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies