Roldas de prensa en vídeos do RC Deportivo da presentación de Adriá Altimira na que falou da ledicia que lle da estar no Depor e como se xestou a sua fichaxe, así como as suas sensacións tralo bo encontro que cuaxou ante o Cádiz, no que foi o MVP do encontro. Tamén falou Fernando Soriano do devir do mercado de inverno no que o Depor se moveu rápido e xa incorporou ao meta Álvaro Ferllo e a Adriá Altimira, e que “segundo se de o mercado virá un máis ou o que poda suceder”. Hai que lembrar que o Depor ainda ten unha ficha libre pero homes coma Bachman, (que pideu él sair por motivos persoais), Crístian Herrera ou algún máis de maneira inesperada, (nunca se sabe), poderían deixar sitios libre. Síguese a falar de Riki para o medio do campo e o propio Soriano non negou nen confirmou o interese. O xogador do Albacete acaba contrato o 30 de xuño.
Copa do Rei
Como todos sabedes o Atlético de Madrid será o rival do Depor na Copa do Rei, encontro que se xogará o 13-14 ou 15 de xaneiro. O equipo “colchoeiro” está xogando a Supercopa de España en Arabia, (órdago da RFEF), polo que dependerá ata onde chegue para saber a data do encontro que todo apunta o 15. Diego Villares falou sobre a Copa do Rei e o rival.