ROLDA DE PRENSA VIRTUAL DE FERNANDO VIDAL FALANDO DE TODA A ACTUALIDADE DO RC DEPORTIVO :

 

Fernando Vidal compareceu ante os xornalistas de maneira virtual con toda a actualidade do RC Deportivo, tanto do primeiro equipo coma do feminino, e da ampliación de capital, antre outras cousas.

Destacar que dixo que hai acordo cos xogadores para non ir o ERTE e desmioteu quehaxa malestar con Cebrián o que segue como conselleiro da diretiva, e que é un bulo o que aparece nas redes sosiais, que a relación con él é “extraordinaria”.

No vídeo toda o que dixo.

 

COMUNICADO DO RC DEPORTIVO

O Real Club Deportivo, o cadro profesional de xogadores e o seu corpo técnico pecharon hoxe un acordo económico e deportivo que palía, en parte, os graves problemas sociais, económicos e deportivos que está a xerar a pandemia do COVID-19.

O acordo ten como punto crave a redución de salarios dos membros do cadro profesional deportivo do equipo masculino, cunha variación de porcentaxe de redución en función de dous posibles escenarios:

– A disputa, a porta pechada, dos partidos que restan para completar a competición.
– A non disputa dos encontros que restan para finalizar a temporada.

O outro punto destacado do acordo é o compromiso, por parte dos xogadores profesionais do Club, de manter a súa vinculación coa entidade ata que conclúa deportivamente a temporada no caso de que se renove a competición.

O Real Club Deportivo quere agradecer de maneira sincera, a todos e a cada un dos asinantes deste acordo, a mostra de compromiso e respecto que representa cara a esta institución, a súa masa social e o resto de compañeiros traballadores. Este xesto supón un importante balón de osíxeno de cara a finalizar esta temporada tan complicada e difícil da mellor maneira posible. O noso gran obxectivo é manter a categoría e niso están moi involucrados tanto o corpo técnico como o cadro de xogadores e auxiliares.

Estamos a vivir momentos de gran incerteza nas nosas vidas, a magnitude da traxedia sanitaria é enorme e iso deriva ademais na xeración dunha situación de crise económica sen precedentes desde a segunda guerra mundial. O fútbol non é alleo a iso e as consecuencias inmediatas xa se están notando na súa industria. Virán tempos difíciles e complicados para todos, para o Dépor tamén, pero entre todos, unidos, do mesmo xeito que noutras ocasións no pasado, sairemos adiante.

É momento de solidariedade, de apoio aos máis necesitados e por iso nos enorgullecen, de maneira especial, todas aquelas iniciativas que melloren en parte a vida das persoas máis vulnerables, xa sexan desde o Club, a través da nosa Fundación, ou desde calquera órgano social do Deportivismo.

Tamén queremos agradecer aos patrocinadores do Deportivo o manter o seu apoio na situación actual a pesar de que o principal activo do seu esponsorización, os partidos de fútbol, atópanse en suspenso.

Aproveitando esta comunicación pública, o Real Club Deportivo quere enviar a todos os Deportivistas, nestes momentos tan difíciles e de tanta inseguridade, unha mensaxe de apoio, ánimo e tranquilidade, na confianza de que, máis pronto que tarde, superarase esta situación. Especialmente queremos acordarnos de todos os que sufriron en primeira persoa o golpe laboral e sanitario da epidemia e, sobre todo, dos familiares e os Deportivistas que faleceron no último mes vítimas do Coronavirus.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia.es

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.