ROLDA DE PRENSA PREVIA O ENCONTRO DE “COPA DE REI” ANTE O UCAM MURCIA : “É O INTRE DE QUE MOITOS XOGADORES NOS AMOSEN A CALIDADE E O NIVEL QUE VAN A AMOSAR, DO QUE NON TEÑO DÚBIDAS”.

 

Algunhas das suas frases :

“Deixamos fóra a xente que teoricamente estaba a xogar de inicio e con minutaje alto. Temos un persoal moi amplo, con moitos e moi bos xogadores. É o momento en que nos demostren que son de garantías. Vou supertranquilo. Non teño ningunha dúbida do nivel que van mostrar…quedan fóra Víctor, Héctor, Lapeña, Jaime, Villares, Juergen e Miku”.

“Tiven a posibilidade de ver o último partido. O campo está en bo estado. En Murcia son campos con bo aspecto e que se coidan moito. Non debería estar mal. O rival estivo a piques de ascender o ano pasado. Ten xogadores moi bos da categoría e que mesmo valoramos no verán de que puidesen estar connosco. Empezaron regular. Pero cambiaron de adestrador e vai ser un partido difícil, porque terán o factor campo a favor coa súa xente. Imos convencidos de que podemos pasar a eliminatoria. Queremos seguir diante na competición e vénnos moi ben avanzar para os xogadores que menos participaron”.

Sobre Trilli : “O mércores de inicio vai xogar Trilli. Temos moitas expectativas sobre el. O día contra o Celta estivo fenomenal. É un xogador con moito futuro e que me gusta. Será o que inicie nesa demarcación en que máis xogadores temos…Empezou ben, tivo a desgraza de lesionarse coa selección, pero no fútbol as oportunidades hai que collelas. Víctor fíxoo moi ben e queremos darlle continuidade. Víctor pode xogar máis adiantado, pero de momento non é algo que vaiamos facer mañá. É un xogador diferente aos laterais que hai. Trilli o que ten que facer é adestrar e ter boas sensacións. O mércores terá a oportunidade para gozar e demostrar esas boas sensacións”.

Sobre o UCAM Murcia : “Equipo que cambiou o míster. Perdeu e empatou fóra, e o outro día gañou na casa con solvencia ao Alxeciras. É forte en todas as facetas. Aperta arriba e ten xogadores de moito talento. Todos os que xoguen arriba teñen talento e conta cun bloque defensivo sólido e agresivo. É un rival que fixo un persoal para ascender como nós. Vai ser partido complicado”.

 

LISTA DE CONVOCADOS

 

-Texto : piratasdemuxia

-Foto : RC Deportivo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies