ROLDA DE PRENSA PREVIA DE LUIS CÉSAR : “Somos responsables do sufrimento do deportivismo”.

 

Luis César pasou por rolda de prensa e a tenor da lista de covocados na que están tódolos da primeira plantilla agás o lesionado Salva Ruíz, ten a novidade das baixas de Borja Galán e Borja Valle, e tan só vai Mujaid do Fabirl, a “volta de torca” que anunciou trala decepción de Almendralejo, parece que vai a ser no sistema e no movemento de pezas dentro da mesma plantilla. Incorporáronse onte os que viaxaron cas suas seleccións, (Mollejo, Lampropoulos e Gaku Shibasaki), e van na lista. Así o aclarou na rolda de prensa e dixo sobre esa “revolución” que anunciaba tralo fiasco de Extremadura : “Interpreto o que sucede en cada partido desde hai semanas e expóñome posibles escenarios. Sendo previsor, calculador. Tiña meditado e pensado o que dixen. Hai que ser tenaz, nunca tentar as cousas menos de tres veces, pero despois non ser eterno e tentalo máis de seis ou sete veces. O Dépor non gaña e temos que buscar a solución”.

O técnico arousán do Depor que esta semana intensificou o traballo e ata con dobres sesisóns, apuntou a necesidade de paliar a desfeita de goles en contra que recibe o equipo, asimesmo non se agocha, (tamén sería o colmo), de que eles son os culpables de todo, dos asubíos, dos berros da afección, da clasificación e de todo : “Responsabilizámonos da xente que asubiar e somos responsables do sufrimento do deportivismo. Non traballamos para un Riazor cheo e co equipo. Para telo, o equipo ten que darlle puntos e bo xogo e para que a cabeza funcione hai que ter ben a clasificación, non se pode encaixar 29 goles en contra. Temos que ser rudos, que os equipos o pasen mal para facernos gol. Somos un equipo de 29 goles por partido, estamos aí porque o merecemos. Non hai mala sorte”…

A sangría de goles en contra é radical a hora de querer facer algo : “Con estes goles en contra non imos a ningún lado. Estamos na 16, o noso equipo non pode chegar á xornada 32 con 58 goles en contra. Se chegamos con eses goles, estamos descendidos”.

Non lle importa que sexa o rival o Alcorcón ao que considera un, “En equipo sólido, que corre moito e é un rival duro de bater, os números así o indican”. Pero para él é igual ca se viñese calqueira outro : “Xa dá igual quen veña, temos que cambiar a partitura e nada máis, todos os rivais son difíciles e todos non están a marcar gol”.

Sobre a posible tensión que denotaron as verbas de Dani Giménez tralo encontro do pasado sábado na que aparentemente invitaba ao que non estivera para xogar que se apartase dixo que foi froito do enfado : “Non pasou absolutamente nada grave, máis aló de que a xente estaba enfadada, crispada. A solución é fácil. Enfadados é como temos que chegar ao campo, e logo saír contentos”.

No vídeo todo o que dixo o adestrador deportivista.

Abaixo de todo da web nos nosos “Vídeos Recomendados” tes este vídeo e tódolos que sube o RC Deportivo, tanto do primeiro equipo coma do resto de cousas.

 

 

Fotos e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia.es

-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas