Idiakez pasou por rolda de prensa na previa ao encontro do vindeiro Domingo 26 de Novembro a partires das 20:00 horas, (19:00 GMT), ante o osasuna B no Estadio de Riazor, e analizou a actualidade do encontro, no que de seguro que será, (salvo complicacións de última hora), parte da convocatoria, Yeremay Hernández. Un desexo de todo o deportivismo que comece a entrar para ir collendo ritmo e a ver se segue coa pinta do comezo de liga no que parecía o socio que agora mesmo lle falta a Lucas, que a pesares de ser o máximo asistente da liga, podería ser moito máis se tivera xente resolutiva como tiña a pasada tempada con Quiles, ou Soriano, e que qiuedou coxo sen Yeremay nen Mella.
Verdadeiramente unha vez máis a actitude da prensa coruñesa que leva o RC Deportivo na insistencia sobre se viron o gol da pasada semana do Talavera, tralas verbas de Valcarce de que ainda non o vira, así coma dubidar e testear sobre a realidade de si o equipo tivo unha gran cantidade de ocasións nese encontro, que todos vimos que o criticable non foi o gol do empate senón a falla de definición. O de sempre a busca de desestabilizar por parte de prensa que é antideportivista.
-Foto e Vídeo : RC Deportivo
-Texto . Xosé Búa “Pirata”