ROLDA DE PRENSA PRESENTACIÓN RUBÉN DE LA BARRERA : “Chámame o club da miña vida e sinto que é o momento…Foi tremendo!”.

 

Fernando Vázquez pasou a despedirse dos xogadores

Antes de toda a parafernalia que leva unha presentación a nova estivo na emotiva despedida de Fernando Vázquez dos que ata agora foron os seus xogadores, e ainda que moitos son os culpables do seu despido, tamén o son os que planificaron unha plantilla con moitos nomes e tamén moitas pezas incompetentes para a competición.

O noso máis agarimoso e forte ánimo para Fernando que sempre estará presente e sempre será un dos nosos ao que unha vez máis non deixaron acabar a sua obra.

 

Fernando Vidal dixo sobre a sua destitución 

“Non é só un adestrador, é un amigo, e afectounos moito, pero temos que pensar no ben común”.

 

 

Presentación e primeiras verbas de Rubén de la Barrera

Rubén de La Barrera fixo o seu primeiro adestramento cos xogadores do Depor, para logo ser presentado da man de Fernando Vidal, e atender a tódalas preguntas dos xornalisras. O coruñés amosou unha grande ledicia por chegar ao “equipo que sigueu, segue e seguirá”, e ao que sempre tivo a ilusión de algún día adestrar. Vaia por diante todo o noso ánimo e desexo de sorte para a nova dirección do equipo. Un punto a favor a condición de galego e deportivista para Rubén e para Secho, así coma a sua vinculación co noso clube por parte de Julio.

De la Barrera, tras amosar a sua “admiración por Fernando Vázquez”, do que dixo que aproveitará “o seu traballo” para arroxarlle “matices” seus, quixo agradecer a todos esta oportunidade : “Agradecería a moitas persoas todo este percorrido ata chegar aquí, por darme a posibilidade de mellorar. Sempre tiven a ilusión de adestrar a este club, pero agora o que teño é un reto e desafío marabilloso co meu club. Atendemos a un obxectivo: o ascenso. Para conseguilo dependemos de moitas cousas. O valor do día a día, a de darnos a man e non soltarnos desde este momento ata o último segundo do último día. Teño experiencia neste tipo de competicións, vivín algo que pretendo revivir en pouco tempo, se o que digo, se o que quero. Isto é de todos e imos ir con todo”.

Como decíamos coñece de sobra o equipo : “Con respecto ao Dépor, estivese ou non, é un equipo que seguín, sigo e seguirei, estea na categoría que estea. Sobre a Segunda B, hai tempo que non milito en Segunda B, pero non fai tanto. Se repasas os equipos, atópasche a moitos coñecidos. Ata fai non moito fun a xogar a Coruxo e outra serie de lugares aos que teriamos que ir. Coñezo a categoría? Se. O sistema de competición é a novidade, pero iso non modifica a miña crenza. Teño moi claro o que quero, moi claro con quen o vou a facer, por tanto os contextos de categorías, que están aí, é máis importante o estar preparado convencer e ir a por todas”.

Contou como lle chegou a chamada do Depor : “Son coruñés e adestrador, as persoas de fútbol falan con independencia de onde nos atopemos cada un. Tras o partido do Zamora póñense en contacto, explícanme todo o que pensan e a recepción é como debería ser. Tómomo non tanto con ilusión, senón algo que sentín que estaba a buscar. Todo o que fago é para chegar un día para estar aquí, representando ao meu club. A responsabilidade que sinto para unificar e lograr o maior rendemento é máxima. Estou convencido de que será así. E necesito a todo o mundo para que iso ocorra e sexa así. Non é estraño, non me invento nada…Barral coñéceme desde que tiña 4 ou 5 anos. Alfonso Serrano, outra persoa coa que tiven moito contacto na Cultural… E con Fernando Vidal, persoa de deporte, non era unha relación estreita, pero podiamos coincidir nun campo de fútbol ou en calquera outro lugar. Tras Zamora sucede, ocorre, e tómomo como mo teño que tomar. Chámame o club da miña vida e sinto que é o momento… Foi tremendo”.

A primeira pedra de toque cos xogadores : “Hai que transmitir o que sinto e o que se pretende aos xogadores. Téñome que agarrar a todo aquilo que entendo vai permitir achegarme e meterme na súa cabeza. O segundo, con respecto a Salamanca, falamos doutro momento. Eles tamén con cambio de adestrador, novos xogadores, coñézoos ben. O campo está chulo, histórico… A situacion non indica nada. Será complicado, afrontámolo como todos os partidos de aquí ata o final. Ir a matar a por o resultado. E para iso imos tentar ser mellores que eles en todo momento”.

Sobre Keko Gontán que recaeu dos seus problemas, algo moi típico dos problemas no sóleo : “O de Keko iremos vendo, pero igual co resto. Acabamos de chegar, acabamos de aterrar e iremos vendo. Hai cousas que se fixeron ben e ímolo a aproveitar e, se hai cousas para matizar, farémolo tamén. É importantísimo que estean todos no día a día. Ninguén escapa das lesións e iso vai ocorrer antes ou despois”.

Pide a unión de todos en pos do clube : “Se pediría á afección, consello, propiedade, staff, xogadores, prensa… que nos xuntemos, fagámosnos/fagámonos moi, moi fortes, porque estou convencido de que imos gozar de moitas cousas bonitas. Da maneira en que xestionemos o que vai ocorrendo dependerá aquilo que imos obter. Se o que digo, imos co Dépor a matar, pero o máis importante que temos é a afección, a masa social, que é de Primeira División, e o persoal de xogadores. Eses dous elementos hai que cohexionarlos porque son os principais activos”.

Esto é unha parte de todo o que falou, que foi moito. Ven cargado de ilusión, a ver se lla trasmite a un equipo ao que lle fan falla algúns retoques na plantilla e algún que outro despido por incomparevenza dende que chegou.

-Preme no vídeo do inicio para escoitar todo o que falou.

 

Corpo Técnico do Depor

Secho, Rubén de la Barrea e Julio Hernando.

 

Xunto ao técnico coruñés incorpóranse ao corpo técnico do primeiro equipo José Manuel Martínez Paz ‘Secho’ como segundo adestrador e Julio Hernando como preparador físico. Ambos regresan deste xeito á que fora a súa casa, un como técnico da canteira durante nove temporadas (2005-2013 e 2014-2015) e o outro na mesma función de responsable da parcela física do primeiro equipo durante tres campañas (2016-2019), respectivamente.

Tivero hoxe o primeiro adestramento en Abegondo e para mañán dispuxeron dunha dobre sesión, pola mañán en Abegondo dende ás 11:00 horas e pola tarde en Riazor dende ás 17:30. 

 

Primeiro adestramento con Rubén

 

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia