O novo dianteiro do Depor, Zakaría Eddahchouri pasou por rolda de prensa na sua presentación coma novo cogador deportivista, unha rolda na que estivo acompañado de Fernando Soriano.
O xogador manifestou estar “entusiasmado e desexando xogar en Riazor, que xa veu “vídeos do estadio e do moito que apoia a afección”. O xogador neerlandés dixo ser un “xogador dinámico que podo xogar en punta ou por detrás da defensa”, considerouse un “xogador completo e con bo tiro a porta”. O xogador debutou ante o Levante e nos poucos minutos que estivo no campo, xogando só arriba, tratou de presionar, baixou algún balón recibido en longo e tivo unha ocasión cun tiro cruzado dende lonxe que pasou lambendo a base do segundo pau.
A pregunta dos xornalistas de cantos goles conta marcar, contestou que , “non me poño metas, o que quero é aportar e axudar o equipo en todo o que faga falta”.
Non tivo nin que pensalo o chegarlle a chamada dun “equipo grande e importante coma o Depor”, e está encantado polo trato dos compañeiros que o arropuraon, “tanto os maiores coma os máis novos se prestaron a axudarlle no que faga falta”.
P.D. : Moi ben o tratuctor facendo as traduccións do que decía o xogador en igles o galego.
-Foto e vídeo : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”