Pasou por rolda de prensa e presentación o nixeriano Uche Agbo e amosuse moi convencido de que vai a ser importante no equipo. Dixo do RC Deportivo que xa o coñecía, que era un grande do fútbo, e que : “cando me chamaron decidín que quería vivir esa experiencia. O equipo está ben, só tivo unha mala serie. Está a mellorar e penso que podo ter un impacto no xogo do equipo”.
Esta é a sua segunda cesión por parte do Standard Lieja, que pagou fai un par de anos 2 millóns de euros ao Wlaford ingles, que tivo que desfacerse dél o non ter fichas de extranxeiros suficientes, algo que non lle pasará aquí o ter España convenio co país africano de procedencia de Uche, (Nixeria). Chega do Sporting Braga no que non xogou moito e ven con contrato ata fin de tempada e con opción a outra se o desexa o RC Deportio, él teno claro neste aspecto : “Está a ser unha tempada complicada, indo de equipo en equipo. Non puiden demostrar nada. Pero por outra banda é bo porque sempre estou preparado para xogar. O meu contrato aquí acaba en xuño e o que pase despois, é decisión do club. Sempre dou o 100 por cen cando entro no terreo de xogo. Así o farei aquí. Douno todo polo equipo. Son un bo marcador, sei manter a pelota e #roda. Os que non me coñecen verán o que podo achegar cando se me dea a oportunidade”.
A rolda de prensa o completo no vídeo.
-Reportaxe Uche Agbo : FICHAXE : PREME AQUÍ
NOVAS BREVES
Hugo Vallejo, Celso Borges e Pablo Insua
Tal e como apuntábamos fai varias semanas Hugo Vallejo está cada vez máis preto de acabar no Depor. O parecer o Real Madrid concretou a sua fichaxe e o xove granadino no Málaga CF chegará para fichar polo Fabril e así non cubrir praza do primeiro equipo. Sería o RC Deportivo o que se faría cargo da sua ficha e o equipo madridista ademáis de afforrase a sua ficha, foguearía ao xove xogador de 19 anos, (cumple 20 o vindeiro mes). Igualmente estase a espera de pechar a volta de Insua e Borges, ambos a expensas de que os seus clubes cubran a praza que deixarían libre.
O Depor-Girona o 14 de Febreiro
O Depor-Girona da 18ª xornada de liga, disputarase no Estadio de Riazor o venres 14 de Febreiro a partires das 21:00 horas e televisado en aberto por Gl TV.
O Deportivo ABANCA-Real Sociedad o 19 de Febreiro
O encontro Deportivo ABANCA-Real Sociedad que fora suspendido por mor do temporla “Fabien” de mediados de Decembro xogarase na Cidade Deportiva de Abegondo o 19 de Febreiro a partires das 19:00 horas. Nistes intres o clube dep0ortivista conta con 30 puntos, 5 máis cas donostiaarras que están na 5ª praza, un posto por debaixo das deportivistas.
A venta a camiseta da resurrección
O RC Deportivo puxo a venda a camiseta de raias verticais ca que se xogaron os dous encontros en Riazor ante o Racing de Santander e o do Cádiz, ambos de moitos debútbs en Riazor, (Fernando Vazquez, Fernando Vidal, Çolak, Sabin Merino…). Xa está a venda nas DeporTenda.
-Vídeo : Canal YouTube RC Deportivo
–Foto e texto : piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.