ROLDA DE PRENSA PRESENTACIÓN DE SALVA SEVILLA : “PIDO DESCULPAS, PIDO PERDÓN…A MIÑA INTENCIÓN NON ERA MOLESTAR NEN OFENDER A NIGUÉN”.

 

Hoxe foi presentado en rolda de prensa o almeriense Salva Sevilla, co cal unha parte do deportivismo ten resquemor por mor dunhas verbas suas cando foi do encontro ante o Mallorca cando o día de San Xoan nos deixaron fora do ascenso tras un 2-0 en Riazor. Xa o dixemos cando fichou e seguimos pensando o mesmo, él daquela defendía unhas cores e un escudo, e se fose o revés sería o outro equipo o que o tería cruzado.

Salva Sevilla pideu perdón polo que dixo, e dixo o que nós pensamos, daquela dábao todo polo equipo no que estaba : “O primeiro é pedir desculpas á afección, pedir perdón. Pero a xente que me coñece, que sabe como son, saben que non era a miña intención molestar ou ofender a ninguén. Foi un pique que pode pasar en calquera partido, calquera playoff. Dábannos por mortos despois de perder aquí e un di cousas que… son unha persoa dentro e outra fose. Teño claro que defendo as cores do meu club da mellor maneira e iso farei aquí. Hai que ter carácter e cando saltas ao campo, os obxectivos conséguelos ti ou o rival. Defenderei ao Dépor a morte”.

Falou de porqué asniou co Depor a pesares de ter outras ofertas : “Rexeitara propostas doutros equipos, pero cando che chama un club como este, tes que pensar moi pouco. Un club importante, de Primeira División dos de arriba e afróntoo con moitas ganas. Seguín moito ao equipo, sobre todo desde que xogamos aquel playoff. Falei con xogadores que estiveron aquí, co psicólogo que estaba aquí e tíveno en varios equipos… non merece estar nesta categoría e imos traballar duro para sacalo de aquí”.

 

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”