ROLDA DE PRENSA PRESENTACIÓN DE RUBÉN DÍEZ : “Quería apostar forte porque é un club no que podo seguir progresando”.

 

“Desde que souben o interese real do Dépor, díxenllo ao meu axente: quería estar aquí. Tíveno claro. Era apostar, porque ao final baixas unha categoría, pero eu non o vexo así. Víao como dar un paso atrás para dar dous cara a adiante. Quería apostar forte porque é un club no que podo seguir progresando. O modelo de xogo acompáñame e nese sentido quería estar aquí. Se che chama o Dépor, é difícil dicirlle que non”.

“Está claro que o obxectivo é o ascenso. O ano pasado escapouse por pouco e este non se pode pensar outra cousa que non sexa subir si ou si. Será complicado, hai bos equipos, pero o obxectivo principal é ascender”.

Todo o que dixo telo no vídeo…

-Foto e Vídeo : rcdeportivo.es

-Texto : piratasdemuxia