ROLDA DE PRENSA-PRESENTACIÓN DE PEPE SÁNCHEZ : “NO GOL DO OUTRO DÍA FALLEI EU NA MARCA”…NO FEMININO HENAR RENOVA ATA 2024.

 

Pepe Sánchez un dos novos xogadores fichados neste mercado de inverno pasou por rolda de prensa, a sua primeira como deportivista, quizais unha das roldas de prensa máis sosas en tempo, pouco máis e teñen que sacarlle as palabras cun racho, e moi tímido a hora de falar.

Contou como se desenrrolou a sua fichaxe polo Depor e amosouse gustoso da cidade da Coruña, e do recibimento que tivo por parte do plantel deportivista. Tamén tivo nos pouco máis de 7 minutos de rolda de prensa, para meterse a culpa do gol do empate da semana pasada en San Fernando, aonde chegou diretamente para adestrar e lpgp xogar os seus primeiros minutos ca camisola do Depor. Pepe díxo a culpa do gol do empate nun saque de curruncho no 94 foi sua, pois errou na marca, que él era quen tiña que estar co que rematou a gol.

 

 

Imagen

 

Henar renova ata 2024

Se onte era a porteira Lucía a que renovaba, hoxe é a centrocampista do RC Deportivo, Henar, que onte cuaxou un gran encontro ante o Athletic Club de Bilbao B, e que está a facer unha gran tempada, ven de renovar co clube depoortivista ata 2024, tal e como nos informan dende o RC Deportivo.

Henar e as suas compañeiras voltan a xogar o vindeiro sábado a partires das 12:00 horas contra o CD Eibar, un encontro de ti a ti co máximo adversario nestes intres polo ascenso.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia