ROLDA DE PRENSA PRESENTACIÓN DE OREST LEBEDENKO : “Soñaba con ir a un club “top” e agora atopeino”.

 

Pasou por rolda de prensa a nova fichaxe do RC Deportivo, Orest Lebedenko, lateral esquerdo quer manifestou que : “Desde que vin a España soñaba cun club “Top” e agora atopeino. Cando viña á Coruña de visita sempre pasaba por diante desta cidade deportiva e miraba desde a estrada e agora estou aquí. Síntome moi ben e quero dar todo polo obxectivo do club e para seguir crecendo como futbolista”.

Dixo que lle foi moi doado decir que sí a chamada do Depor : “Faise moi simple. No verán acababa contrato en Lugo e o Dépor chamoume e díxome se tiña ganas de vir. Non tiven dúbidas. Todos sabemos o obxectivo que hai e onde ten que estar o club. Vou dar todo para gañar cada partido”.

Todo o que falou premendo no vídeo.

Outras novas

Rubén Díez e Svensson adestraron co grupo

Rubén Díez e Max Svensson, realizaron esta mañá en Abegondo unha parte do traballo co resto dos seus compañeiros, nunha sesión sobre todo de fútbol.

Os Servizos Médicos que dirixe o doutor Carlos Lariño esperarán aos próximos días para ver se Rubén Díez está en condicións de competir xa nesta xornada.

No caso de Svensson, ao estar sancionado esta fin de semana por acumulación de amoestacións, os médicos branquiazuis non queren correr ningún risco no seu estado físico, posto que a semana pasada entrou o último día na lista de Óscar Cano para enfrontarse ao cadro madrileño após superar unha lesión nos isquiotibiais.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia