ROLDA DE PRENSA PRESENTACIÓN DE NEMAJA TOSIC : “Cando un Club tan grande vén non cho pensas dúas veces e aceptei inmediatamente”.

 

Nemanja Tošić (23 de xaneiro de 1997, Belgrado, Serbia) foi presentado esta mañá como novo xogador do RC Deportivo, cedido até final de temporada cunha opción de compra.

En primeiro lugar, o defensor branquiazul, acompañado por Fernando Soriano, pousou no campo principal coa súa camiseta, lucindo o dorsal 11.

A continuación, xa na sala de prensa, o Director de Fútbol do Club apuntou que “pode xogar de lateral ou de central” e destaca o seu “físico importante, forte defensivamente, sólido nos duelos, bo xogo aéreo, bo tácticamente, que se complementa coas características de Obrador”.

Engade que Óscar Gilsanz “ten opcións para poder elixir diferentes funcións en virtude das situacións de partido”.

Explica Fernando Soriano que o adestrador branquiazul “utiliza ás veces o terceiro central en momentos de partidos” e advirte que “agora somos un equipo defensivamente un pouco máis baixo. As condicións de Nemanja eran idóneas para darlles esas variantes ao adestrador para que puidese decicir entre un lateral máis profundo ou máis longo ou outro máis conservador que nos xogos aéreos, na contundencia déselle un pouco máis de intensidade e agresividade”.  

Pola súa banda, Nemanja Tošić confesou estar “emocionado coa posibilidade de vir ao final da xanela de fichaxes” e recalca que “cando un Club tan grande vén non cho pensas dúas veces e aceptei inmediatamente”.

Convocado ante a UD Almería o pasado domingo, dixo gozar “moito. O ambiente en ABANCA-RIAZOR foi incrible, un dos mellores nos que xoguei. Estou moi feliz por conseguir unha vitoria tan importante”.

O novo defensor branquiazul desvela que recibiu “unha benvida moi calorosa por parte dos meus compañeiros”.

Defínese como “un futbolista con mentalidade defensiva, e podo apoiar na creación de xogo e facer coberturas ao interior”.

Tošić cre que o Dépor está formado por “xente moi profesional, e tanto os xogadores e o staff son moi traballadores”; á vez que asegura estar “listo” para xogar: “Estou ben fisicamente pero o importante é poder axudar ao equipo cando me toque”.

-Foto, vídeo e texto : RC Deportivo/deportivo.es

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies