Mario Soriano pasou por rolda de prensa e de fotografías. Nas suas primeiras verbas, tras comentar que ven o RC Deportivo, porque lle brindou a oportunidade un equipo : “histórico, que gañou a liga e foi importante en Europa”, tamén por atoparse nas suas filas, Josep Calavera, co que estivo no filial do Atlético de Madrid, do que ven cedido.
O rapáz defineuse como: “O primeiro que vou achegar é traballo e sacrificio. Traballarei como todos para achegar o meu granito de area. A nivel individual, intelixencia, técnica e habilidade. Son máis interior, non xogo tan arriba. Máis de ter a pelota, controlar posesións longas e recibir entre liñas para dar o último pase”.
Ponse a disposición de Borja Jiménez, en canto o precise op técnico deportivista : “Estou moi ben e desexando xogar todos o partido que poida. Este último foi moi difícil para nós, o céspede estaba moi seco e non favorecía o noso xogo, pero eu estou aquí para achegar cando o míster decida”.
-Foto e Vídeo : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia