ROLDA DE PRENSA PRESENTACIÓN DE LUIS CESAR SAMPEDRO : “PARA MÍN É UN SOÑO ESTAR AQUÍ”

 

Luis César Sampedro foi presentado esta mañán en Abegondo antes de saltar o terreo de xogo para dirixir o seu primeiro adestramento como flamente adetrador do Depor. Comprende que cos núemros que ten o equipo branquiazul a corda por onde primeiro rompe é polo lado do adestrador, e amosouse moi feliz de racalar nun banco que para él era un soño ocupar algún día : “Para min é un soño estar aquí e estou feliz. Cando viña ver partidos do SuperDépor contra o Manchester ou o Milan sempre soñei con estar neste banco”.

 

 

Falou de todo o que pensa e espera desta nova andaina e co seu novo equipo : “Non é momento de volver tolos aos futbolistas. Tentaremos mecanizar cousas para que se fagan de forma automática pero hai que simplificar porque os tempos son os que son e non podo dar un envorco a todo. Gústame o equipo que teño aínda que sei que hai futbolistas que non están na súa mellor versión, que polo que sexa non terminaron de render”, e das suas cualidades como adestrador : “Fixen moitas cousas. Fun un adestrador de fútbol directo, extremo.. non me gusta encasillarme en ningún tipo de fútbol. Veremos a maneira que utilizamos para gañar cada semana en función da clasificación, resultado e necesidades”.

Cré que ainda hai moitos puntos en xogo e mira de cara o obxetivo, pero indo semana a semana e mes a mes : “Está claro que hai un déficit de puntos que temos que ir reducindo mes a mes. Non vexo aínda ao Cádiz en Primeira e agora mesmo non teño en mente un obxectivo concreto porque vou ir a por todo o que poida. A por todo é ir semana a semana e mes a mes. Temos o exemplo do Xetafe fai tres anos que nunha situación parecida acabou logrando o ascenso. Incluso o ano pasado se miras a clasificación na xornada dez ves que non todos os equipos que estaban arriba subiron”.

9 do Fabril nos adestramentos

No primeiro adestramento despois da rolda de prensa tivo as suas órdes a 9 xogadores do Fabril, (o porteiro Boian, os centrais Bourdal e Mujaid, os laterais Valín, Eimil e Martí Vilà, os centrocampistas Gandoy e Kanouté; e o dianteiro Mario Losada), ante ás 7 baixas cas que contará o equipo para Las Palmas. Mollejo, Montero, Lampropoulos e Shbasaki, cas suas seleccións e David Simón, Somma e Koné lesionados. Este último co readaptador e podería chegar a estar dispoñible, segundo evolucione durante a semana. Tamén tivo adestramento pola tarde e mañán terá igualmente dobre sesión.

 

PACO ZAS

Na rolda de prensa desta volta e como se esperaba estivo o presidente Paco Zas que dixo que trala imaxe dada en Girona xa avisaran o corpo técnico por se non se gañaba ante o Almería : “Despois do de Montilivi houbo preocupación grande e expómonos dous posibles escenarios. Unha vitoria o domingo (Almería) ou que pasase algo negativo e que houbese que tomar unha decisión. Ordenámoslle á dirección deportiva que se puxese a traballar nese sentido. Un equipo profesional ten que estar preparado para todo. Os procesos que vivimos deste tipo sempre son os mesmos”, dixo o presidente deportivista.

Dixo antre outras cousas que podedes oir no vídeo que queren “galeguizar” o equipo e o clube, (a ver se é verdade) : “Pediamos experiencia e coñecemento da categoría. E coñece ao Deportivo. Queriamos conseguir dar a maior afinidade ao cargo. Darlle galeguidade. Hai que identificar o máximo posible ao club coa nosa rexión. Por suposto que hai un plan. A miña aspiración é galeguizar ao máximo o equipo, todo o club. Conseguir unha identidade que nos aproxime moito máis á afección e conseguir que o club sexa moito máis participativo na nosa sociedade galega e coruñesa”.

No vídeo podes oir a rolda de prensa completa, así coma na parte baixa da nosa web en 2Vídeos Recomendados” onde podes ver e oir tódolos vídeos que colga o RC Deportivo, tanto do equipo, coma do resto do equipo, promocións, etc. As veces antes de que vos falemos deles.

-Vídeo : Canal de YouTube do RC Deportivo

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.