ROLDA DE PRENSA-PRESENTACIÓN DE KIKE SAVERIO : “NON ESTOU VINDO A 1ª FEDERACIÓN…VEÑO O DEPORTIVO”.

 

O novo xogador do RC Deportivo, Kike Saverio, pasou por rolda de prensa, que foi a sua primeira como deportivista, a da sua presentación. Unha rolda de prensa moi corta, debe ser que os xornalistas que se persoaron en Abegondo atacoulles o frío da noratada e conxelouselles a lingua e as neuronas, pois sabemos do novo xogador, pouco máis do que xa sabíamos, ou nada.

Simplemente apuntou que xa coñecía a cidade da Coruña, e que cando lle comentou o seu representante pensou coma Lucas : “Non vou a 1ª Federación, vou o Deportivo”. 

Tamén dixo que ten craro o que ven o equipo deportivista, dende o Osasuna : “O obxectivo claro e único é o ascenso e desde que chegas aquí te dás conta de que é o único pensamento. E é o que eu tamén teño na miña cabeza, subir co Dépor”.

Por outra banda describeuse como un xogador : “Gústame ter a pelota e o Dépor é un equipo que propón. Cando mellor e en mellores condicións chégueme o balón, mellor para encarar, buscar o un contra un e sacar o meu máximo potencial. Arriba xoguei nas tres posiciones, pero si que me desenvolvo mellor na banda esquerda. Podo saír por fóra e por dentro, é a posición na que máis cómodo sme sinto”.

Sobre a lesión que tivo do Talón de Aquiles, dixo atoparse completamente recuperado. esta mesma lesión sufreuna Donato na sua etapa no Depor, e trala recuperación nunca máis tivo un só problema e xogou a un altísimo nivel ata os 40 anos.

No vídeo de 3:15 minutos podes escoitar o que dixo.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia