José Ángel Jyrado pasou por rolda de prensa e amosou que un dos factores de deixar o Tenerife na 2ª División e vir o Depor foi o seu coñecemento de Fernando Soriano, co que xa comparteu vestiario e o que coñece ben : “Fernando como xogador tivo unha traxectoria espectacular. Logo tíveno como adestrador e tiña as ideas moi claras, era moi coñecedor do xogo e sabía como manexar un vestiario. Ao estar tanto tempo neste mundo sabe como manexar os tempos e non me sorprende en absoluto que agora sexa director deportivo”.
Disfrutou cos amigables en Riazor polo que representaban co memorial a Arsenio Iglesias, a homenaxe a Scaloni, Bebeto, Mauro e despedida de Álex, pero para él os amigables sirven para : “acumular minutos e que o míster vaia probando cousas, para ir collendo a forma e estar dispoñibles para xogar 90 minutos”.
-Foto e Vídeo : RC Deportivo
-Texto e Montaxe : Xosé Búa “Pirata”