ROLDA DE PRENSA PRESENTACIÓN DE IVÁN BARBERO : “CALQUER PERSOA QUE VISE FÚTBOL DE PEQUENO OU AGORA SABE O QUE É O DEPOR”.

 

Fernando Soriano presentou o dianteiro Iván Barbero, xogador que chega con moi bos números en canto a goles e que foi un dos mellores no Memorial Arsenio Iglesias, marcando dous goles e deixando balóns a compañeiros que non acabaron en gol por desacerto deles.

Está ben sabido do clube o que ven e quer dalo todo : “Veño a un club no que hai unha responsabilidade alta, e con esas ganas e ambición quero mostrar que podo dar moito a este equipo”…Para un dianteiro é importante facer goles, dá un plus de confianza. Estou supercontento de marcar o outro día”.

As suas carecterísticas segundo él ve : “Vou ben por arriba, leo ben o xogo e na área sempre tento buscar oco para xerar todo o perigo que poida”.

Segundo comentou non tivo que pensalo moito a pesares de ter ofertas : “Ao final calquera persoa que viu fútbol de pequeno ou agora sabe o que é o Dépor. Tes ofertas de moitos equipos, pero cando tes esta encima da mesa tampouco hai que pensarllo moito”.

 

 

 

 

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies