ROLDA DE PRENSA PRESENTACIÓN DE IAN MACKAY : “O SEGREDO DE QUE TODO CHEGUE A BO PORTO É VIR TODOS CON MOITA ILUSIÓN”.

 

Moitos tópicos e preguntas doadas de adivinar, por parte dos entrevistadores e por parte do xogador. Como pasa na pretempada, calquera podería facer de xornalista e de entrevistado e faría pleno.

Ian Mackay pasou por rolda de prensa e fíxoo amosando a sua ledicia por estar aquí e deu a sua versión de como está a ser unh pretempoada, que a verdade, pouco leva e pouco se pode dicir.

Falou sobre a categoría na que está o RC Deportivo, que é o que din todos : “Ninguén pensaba que o Deportivo ía estar nesta situación…Hai que ir paso a paso e partido a partido. Nós debemos traballar duro e chegar ben á primeira xornada. O obxectivo vai ser en Maio ou en Xuño, así que a mentalidade debe ser de ir día a día”.

O mesmo os compañeiros que compareceron en rolda de prensa está ilusionado co que se aveciña, outro tópico de cada pretempada : “Todos chegamos con moita ilusión, e, pola miña experiencia, ese é un dos segredos para que todo chegue a bo porto”.

Non faltou a pregunta sobre a sua edade, algo ridículo tendo en conta a categoría na que estamos e máis sendo un xogadir que ven de ser elixido coma o mellor porteiro da 2ª División o pasado ano, pero parece que hai poco que preguntar e sobre isto dixo que : “Escoito que veño retirarme ao Deportivo, pero o certo é que me atopo no mellor momento da miña carreira. A portería é un posto diferente nese sentido. Non me expoño máis nada que afrontar este ano”.

-Todo o que dixo escoitando o vídeo.

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

–Texto : piratasdemuxia