ROLDA DE PRENSA PRESENTACIÓN DE FERNANDO VÁZQUEZ : “EU QUERÍA VOLVER E SABÍA QUE ALGÚN DÍA VOLTARÍA”.

 

Fernando Vázquez foi presentado en rolda de prensa polo presidente interino, Juan Antonio Armenteros e como tódalas suas roldas de prensa, dí moitas cousas importantes, e sobre todo dixo que o tiña craro, que “quería voltar” e que estaba seguro de que algún día voltaría.

“Eu quería volver, así que salvo pequenas bobadas, digámoslo así, Estaba convencido de que algún día volvería ao Deportivo. Non sabía cando. Ás veces toca nunha situación complicada, gustaríame vivir outro tipo de situacións, pero espero vivilas se conseguimos salvarnos e o ano que vén sáenos mellor para ter éxito e volver a Primeira. Veño aquí para isto”.

O técnico de Castrofeito comezou falando da importanza da afección e de facer que os que deixaron de ir o estadio que volten, e ata o pideu de favor : “Sempre digo que o máis importante dun club é a súa afección. Independentemente da categoría na que esteas. Se estás en 3ª e tes oito mil afeccionados es un gran club. A categoría non é importante. O que fai importante un club é a xente que é capaz de arrastrar ao estadio. Espero que esa xente que non está a vir a Riazor… pídolle que para que o Dépor poida sobrevivir gustaríame ver o estadio cheo”.

Ten craro o pael que lle toca vivir e non é outrro co que tivo da anterior etapa no seu comezo cando cáseque salva o equipo de baixar a Segunda, para o ano seguinte ascendelo, pero que é consecnte do “perigo evidente, que está aí” : “Veño para tentar o que é evidente. Por moi imposible que poida parecer, é posible, pero para iso requirirase de moitas cousas. O que está claro é que temos que asumir nalgún momento desta tempada que o perigo está aí”.

Explicou o seu contrato, que ven para : “esta tempada e a seguinte ainda que baixásemos a 2ª B, logo o terceiro ano sería en pós a si se ascende a Segunda”.

A rolda de prensa de 21,10 minutos o completo no vídeo.

 

 

-Vídeo : Canal YouTube do RC Deportivo

-Foto e Texto : Vídeo/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies