ROLDA DE PRENSA PRESENTACIÓN DE ERIK OSEDE EN ABEGONDO, ONDE XA ADESTROU DIEGO ROLÁN.

 

Erik Osede derradeira incorporación do RC Deportivo no mercado de fichaxes que pechou este pasado luns e que foi seguido en www.piratasdemuxia.es por máis de 58.000 persoas, foi presentado esta mañán en Abegondo e amosouse convencido do seu poetncial  e catalogouse coma un xogador : “Son un central moi rápido e non teño medo de deixar espazo ás miñas costas. Gústame sacar o balón xogado desde atrás”.

Non tivo dúbidas a hora de vir o Depor, a pesares de ter ofertas de maior calado económico : “Tiña máis opcións, pero quería vir aquí porque sempre foi un club que tiven presente i que é un gran club”. O xogador madrileño asinou por unha tempada e outra opcional.

 

 

Derik Osede Prieto (Madrid, 21 de febreiro de 1993) será xogador do RC Deportivo para a Temporada 2020-2021. Central formado na canteira do Real Madrid, club ao que pertenceu entre 2002 e 2015, as dúas últimas temporadas militou no CD Numancia.

Derik, de nai española e pai nixeriano, foi internacional español en todas as categorías, desde a selección sub-16 até a sub-21, nun total de 27 encontros. No ano 2012 formou parte do combinado sub-19 que se proclamou campión de Europa en Estonia, nun equipo no que actuaban Jesé Rodríguez, Paco Alcácer, José Campaña, Denis Suárez ou Gerard Deulofeu e no que compartía titularidade no centro da zaga con Jonás Ramalho. Con ese mesmo equipo xogou ao ano seguinte o Mundial sub-20 de Turquía, no que España caeu ante Uruguai en cuartos de final. En cada un deses torneos, Derik marcou un gol.

A nivel de clubs, a súa carreira dividiuse en tres bloques. En primeiro lugar, o seu paso polo seu equipo formativo, co que xogou en Terceira e Segunda B nas filas do Real Madrid C e en Segunda e Segunda B defendendo ao Real Madrid Castilla. Co primeiro equipo foi convocado nunha ocasión en partido oficial, precisamente contra o seu novo equipo. O 14 de febreiro de 2015 estivo no banco no choque ligueiro entre Real Madrid e Deportivo (2-0) no Santiago Bernabéu. Carlo Ancelotti era o adestrador branco.

Ao acabar contrato no verán de 2015, Derik foise a Inglaterra, para asinar polo Bolton Wanderers FC da segunda categoría. En tres temporadas, nas que participou en 65 partidos, viviu un descenso á terceira división e o retorno inmediato ao segundo nivel. Despois de acabar a súa vinculación, asinou como axente libre polo CD Numancia en novembro de 2018. En Soria xogou as dúas últimas campañas na categoría de prata.

No fútbol español, Derik acumula unha experiencia de 65 partidos (3 goles) en Segunda División e de 37 encontros (sen goles) en Segunda División B.

 

 

DIEGO ROLÁN ADESTROU CO GRUPO EN ABEGONDO

Diego Rolán que ainda non aparecera por Abegondo, con permiso do clube, a espera de a onde tería que irse cedido ou traspasado, estivo na mañá de hoxe adestrando cos compeñeiros e amosouse moi distendido e alegre en todo o adestramento. Fernando Vázquez departeu con él durante os adestramentos. O uruguaio, non o consideramos como a derradeira fichaxe, como decimos de Osede, xa que ainda que tiña poucos visos de quedar, é xogador do RC Deportivo dende o 1017.

 

-Foto e Vídeo : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies